Subcomisión de Seguridade

Subcomisión de Seguridade

Composición do órgano colexiado

a) A persoa que posúa a titularidade da área encargada das directrices e estándares de seguridade da información, na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica, que exercerá a presidencia.

b) A persoa que posúa a titularidade do departamento encargado da definición das directrices e estándares de seguridade da información, na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica, que exercerá a vicepresidencia.

c) Unha persoa que exerza o rol de coordinador/a de seguridade da información, de conformidade co artigo 5.j), pola Presidencia da Xunta de Galicia, por cada unha das consellerías e pola vicepresidencia ou vicepresidencias, de existiren estas. Se nalgún destes órganos o rol de coordinador de seguridade da información estiver asignada a un órgano colexiado, deberase propoñer de entre os membros deste unha persoa representante para que forme parte desta subcomisión. Estes membros da subcomisión, así como as súas persoas suplentes, serán nomeados polas persoas titulares da Secretaría Xeral da Presidencia e das respectivas secretarías xerais técnicas.

A secretaría da Subcomisión corresponderá a unha persoa empregada pública ao servizo da entidade con competencias en materia de modernización tecnolóxica.

Normativa de referencia:

DECRETO 73/2014, do 12 de xuño, polo que se crean e regulan os órganos colexiados con competencias en materia de seguridade da información e goberno electrónico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia

DECRETO 169/2016, do 24 de novembro, polo que se modifica o Decreto 73/2014, do 12 de xuño, polo que se crean e se regulan os órganos colexiados con competencias en materia de seguridade da información e goberno electrónico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia