Software libre

Formulario de busca

Fondos

Software libreSoftware libre

Formulario de busca

cierra cierra

Software Libre

O fomento do uso do software libre e de fontes abertas  no sector empresarial, na sociedade e na Administración supón unha  aposta estratéxica do Goberno galego  en liña co marco estratéxico tecnolóxico da Xunta de Galicia, a Axenda Dixital 2020 (ADG 2020), que recolle o software libre como un dos principios para a xestión eficiente das distintas iniciativas. 

"O impulso do uso do software libre e de estándares abertos e fomento da reutilización de solucións, serán ferramentas para garantir a interoperabilidade dos sistemas informáticos e achegar a tecnoloxía á sociedade evitando a dependencia de determinados provedores TIC e os custes recorrentes."

Dende que no ano 2010 a Xunta de Galicia puxera en marcha, por primeira vez en Galicia, un plan específico orientado ao fomento do Software Libre, na nosa Comunidade téñense conseguido grandes avances na súa adopción e uso nos diversos ámbitos da nosa sociedade.

Froito do traballo realizado nos últimos anos conseguiuse, por exemplo, un  incremento no uso do software libre   nas empresas , onde se pasa de apenas un 33% das empresas que usaban software libre a finais de 2008 ata un 84,9% no 2015; como nas empresas do sector TIC  que aínda que partían dunha mellor posición, con case un 70% das empresas, tamén presentan unha mellora acadando un 86,7% das empresas TIC no 2015. 
Neste contexto a Amtega continua mantendo a súa aposta polo uso do Software Libre plasmada no plan de acción en materia de software libre 2016 cos seguintes eixos de actuación principais:

  • Fomento da reutilización do software na administración pública.
  • Impulso dunha oferta de solucións baseadas en software libre dirixida ás empresas.
  • Achegamento do software libre ao conxunto da sociedade.

En torno a estes eixos defínense unha serie de actuacións e actividades dirixidas a acadar en Galicia un maior uso do software libre, que como vén sendo habitual desenvolveranse mantendo  a colaboración cos axentes de software libre  galegos  coa intención de xuntar esforzos e executar unha estratexia global e integradora de forma coordinada cos medios da Oficina de  Software Libre da Amtega .

Oficina de Coordinación de Software Libre  constitúese, por tanto, coma o  punto de referencia  para todos os axentes involucrados no desenvolvemento deste tipo de software  en Galicia , fomentando o avance homoxéneo das distintas actuacións neste eido levadas a cabo dende distintos ámbitos.

Do mesmo xeito, o portal Mancomún aglutina  na rede todas  as iniciativas de software libre  que se están a desenvolver en Galicia, servindo de canle de comunicación pública e proporcionando un conxunto integrado de servizos: A Forxa ( https://forxa.mancomun.org/ ), Repositorio Documental de Software Libre ( http://wiki.mancomun.org/index.php/Portada )...

Pode consultar o avance e seguimento dos plans de actuación anuais na correspondente  páxina de Documentación .