O proxecto GEOARPAD, enmarcado na 1ª convocatoria do programa operativo EP - INTERREG V A España Portugal (POCTEP), articúlase como unha proposta de cooperación dentro da área Galicia- Norte de Portugal no marco do obxectivo específico de Proteción e valorización do patrimonio cultural e natural, como soporte de base económica da rexión transfronteiriza, e da protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e patrimonio públicos.
O obxectivo xeral é valorizar o patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como elemento de desenvolvemento transfronteirizo, mediante estratexias e modelos conxuntos de recollida e tratamento de información e xestión, promovendo a difusión do mesmo, e o seu aproveitamento por parte de sectores económicos como o sector turístico, e impulsando a participación social en todo o proceso.
O proxecto articúlase en 4 eixos:
Actividade 1: Deseño do modelo conceptual e técnico do sistema de información para a xestión e difusión do Patrimonio Cultural da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Actividade 2: Patrimonio material e inmaterial: normalización, xeolocalización e difusión.
Actividade 3: Patrimonio documental da Eurorrexión: Dixitalización e difusión.
Actividade 4: Participación social e innovación na xestión patrimonial.