Plan de Software Libre 2015
|
A Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG 2020), aprobada no Consello da Xunta o 30 de abril de 2015, incorpora, no seu modelo operativo, o software libre de xeito transversal, como unha excelente ferramenta para a consecución dos obxectivos definidos na ADG 2020 articulados en cinco liñas de actuación: a valorización da Administración, a énfase na vida dixital, a aceleración da economía dixital, o estímulo ao crecemento do sector TIC, e a articulación dixital do territorio. Neste contexto da nova axenda dixital galega, a Xunta de Galicia manterá en 2015 a estratexia iniciada en 2010 de promoción e fomento do uso do software libre. Así, como non podía ser doutro xeito, continuarase a promover o software libre de forma transversal nas distintas actuacións que se impulsarán dende a Amtega, de forma que o software libre non sexa un obxectivo per se, senón unha ferramenta máis para contribuír á mellora da eficacia e eficiencia das medidas encamiñadas a resolver os retos e desafíos recollidos na ADG 2020 nas diferentes áreas de actuación. A promoción e fomento do software libre continuará pois a ser un instrumento para mellorar a eficiencia acadada na administración nos últimos anos e continuará a servir para achegar as vantaxes do uso das tic ao conxunto da sociedade a través das actuacións desenvolvidas no Centro Demostrador TIC, a Rede CeMIT e do proxecto Abalar no ámbito educativo, segundo se detallan nos correspondentes apartados específicos deste plan. O Plan de Acción Anual en Materia de Software Libre desenvolverá as súas actuacións na procura dos seguintes obxectivos:
|