Plans

Formulario de busca

Fondos

DICO MindsetDICO Mindset

Formulario de busca

cierra cierra

Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia

Os cambios da sociedade acontecidos no eido das tecnoloxías da información levaron á necesidade de desenvolver unha nova estratexia de cara a enfrontar novos retos dixitais. Deste xeito, a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) que impulsa esta estratexia, o Plan DICO Mindset ten como obxectivo potenciar o sector dos contidos dixitais en Galicia, acelerando o desenvolvemento de proxectos innovadores nesta temática na nosa comunidade autónoma. Nel colaboran, xunto á Amtega, o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia, que traballarán xuntos a favor da dinamización do sector dos contidos dixitais.

As liñas de acción esténdense a tres eixos fundamentais:

  • Reforzo do capital humano, a través da empregabilidade e crecemento intelixente, fomentando a actividade empresarial e comercial e impulsando a competitividade e internacionalización de emproas e autónomos.
  • Mellora dos servizos sociais a familias e á infancia, apoio á conciliación e á promoción da igualdade, servizos e axudas complementarios da educación e políticas de xuventude e cooperación. Tamén se procurará eliminar obstáculos que impidan ou dificulten o acceso do alumnado ao sistema educativo
  • Aposta por unha sociedade dixital competitiva, reforzando o peso da lingua e cultura de Galicia e desenvolver unha economía dixital. Isto implica mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso ás mesmas.

 

O documento completo do plan estratéxico recolle a seguinte información:

  • Análise do mercado dos contidos dixitais a nivel global, europeo, español e galego utilizando diferentes fontes e criterios de clasificación.
  • Descrición de cambios que se producen no entorno e que afectan dun xeito directo aos contidos dixitais.
  • Análise e diagnóstico do ecosistema dos contidos dixitais en Galicia.
  • Análise para determinar o nivel de madurez dos produtos sabendo que o ciclo de vida dos produtos de contidos dixitais é cada vez máis curto, e confeccionase un DAFO do sector en Galicia.
  • Proposta dun modelo de transformación e unha folla de ruta para o impulso da transformación e creación de oportunidades no ámbito dos contidos dixitais.
  • Para máis información pode acceder a continuación ao documento completo do plan.

 

 

Para máis información pode acceder a continuación ao documento completo do plan.