Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia

Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia

Composición do órgano colexiado

a) Presidente/a: a persoa titular da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Vogais:

b.1) A persoa titular da Dirección da Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b.2) A persoa titular da Dirección da Área de Modernización das Administracións Públicas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b.3) A persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación.
b.4) A persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b.5) A persoa titular da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b.6) A persoa titular da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda.
b.7) A persoa titular da Dirección do Instituto Galego de Estatística.
b.8) Unha persoa titular de competencias no ámbito da sociedade da información e a modernización pertencente á Administración xeral do Estado.
b.9) Unha persoa representante das universidades públicas de Galicia, designada por proposta do Consello Galego de Universidades.
b.10) Unha persoa representante dos concellos de Galicia designada por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
b.11) Unha personalidade de recoñecido prestixio a nivel autonómico, nacional ou internacional en materia de sociedade da información.
b.12) Unha personalidade de recoñecido prestixio a nivel autonómico, nacional ou internacional en materia de modernización administrativa.
b.13) Unha persoa representante de cada un dos sindicatos presentes na mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas.
b.14) Un número de persoas equivalente ao de representantes sindicais designadas por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia

c) Secretario/a: unha persoa pertencente á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia con nivel mínimo de xefe de departamento, que desenvolverá as súas funcións con voz pero sen dereito a voto

Normativa de referencia:

DECRETO 57/2013, do 11 de abril, polo que se modifica o Decreto 21/2010, do 4 de febreiro, polo que se crea e se regula o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia 
DECRETO 21/2010, do 4 de febreiro, polo que se crea e se regula o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia