Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organiza en setembro un curso especializado sobre a nova figura do Delegado de Protección de Datos, DPO. O curso, de 20 horas de duración, terá lugar na Cidade da Cultura en dúas fins de semana consecutivas, os días 7, 8, 14 e 15 de setembro. Impartido por profesionais do Centro de Formación de AENOR, os contidos do curso estarán centrados nos fundamentos e principios da nova regulamentación de Protección de Datos, nos dereitos das...
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén publicar as gravacións últimas sesións de #DemosXWeb, nas que se expuxeron temas de actualidade como a nova Normativa Xeral de Protección de Datos (RXPD), as subvencións para mellorar o ERP na empresa e o uso profesional da aplicación de mensaxería Whatsapp. As sesións foron seguidas en directo por decenas de espectadores que ao final das mesmas puideron trasladar as súas dúbidas aos relatores nunha quenda de preguntas. Para aquelas persoas interesadas que non poden conectarse en directo, o...
Preto de 11.000 empregados públicos da Administración autonómica están a acollerse actualmente á flexibilidade horaria e ao teletraballo como fórmulas de conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Estas novas modalidades de traballo da administración galega puxéronse en marcha en 2014 e desde ese ano os datos están demostrando que están acadando unha boa acollida e que supoñen vantaxes, tanto para a organización como para os traballadores. Segundo os últimos datos a 31 de xullo, 10.694 empregados públicos están facendo uso da flexibilidade horaria na súa xornada de traballo, o que...
A Fundación Vodafone e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa a Rede CeMIT continúan traballando para impulsar o uso dos smartphones e as tabletas entre as persoas maiores. Os ciclos “Aprende a usar o teu smartphone” e “Aprende a usar a túa tablet”. retomaranse en setembro e prolongaranse ata novembro nas localidades de Brión, Oroso, Pontedeume, e Ribadeo. De cara a darlle continuidade a esta programación, a Fundación Vodafone renovou parte do material cedido para a realización destas actividades con 7 novas tabletas. Pódense consultar as datas e...
A Plataforma É-Saúde, ferramenta dixital dirixida a pacientes e cidadáns que permite acceder a unha serie de servizos interactivos e contidos personalizados de saúde dende calquera dispositivo conectado a internet, vén de ser nominada finalista aos premios New Medical Economics 2018 na categoría de mellor proxecto en saúde dixital 2018. É-Saúde conta, actualmente, cun total de 51.000 usuarios. Cada semana realízanse 400 novas altas a este servizo, ao que cada día acceden unha media de 2.500 persoas dadas de alta. É-Saúde, en marcha dende setembro de 2016, posibilita a estas persoas consultar...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a desenvolver o Plan de Acción en Software Libre 2018, que recolle un total de 110 actuacións co obxectivo de fomentar e promover o uso e reutilización de software libre na administración pública, o impulso dunha oferta de solucións libres e de calidade para as nosas empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade. Como xa vén sendo habitual, unha parte moi importante destas actuacións desenvolveranse en colaboración dos principais axentes do ecosistema de software libre galego. Así...
A Fundación Galicia Europa (FGE) organiza dúas novas edicións, de 20 prazas cada unha, do seu programa de especialización en materia de financiamento comunitario ‘TecEuropa’. O prazo de presentación de solicitudes para este curso, dirixido ao persoal das entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos, dará comezo mañá 11 de agosto, tras publicarse hoxe a convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e remata o 10 de setembro. As candidaturas deberán ser presentadas, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta...
O Polígono Industrial de Tremoedo, en Vilanova de Arousa, dispón xa de redes de acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps, grazas a unha das actuacións do Plan de Banda Larga 2020, que está a impulsar a Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co operador R. Así o destacou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, durante a visita que realizou a este parque empresarial acompañado do alcalde da localidade, Gonzalo Durán, e do responsable de medianas empresas de R, Jacobo González de los...
A sede xudicial electrónica permite xa a presentación online dos procedementos monitorios, unha fórmula xudicial para reclamar impagos, que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador. É unha das últimas funcionalidades incorporada á sede xudicial electrónica galega, que desde outubro de 2016 está accesible no enlace https://sede.xustiza.gal e a través do portal xustiza.gal, A presentación telemática de procedementos monitorios comezou a implantarse este ano nos órganos xudiciais de Vigo e A Coruña e, actualmente, xa está habilitada en todos os partidos xudiciais para os...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de prorrogar o contrato dos servizos de telecomunicacións ata febreiro de 2021, un ano máis da data na que remata o actual. Os operadores adxudicatarios investirán máis de 4 millóns de euros en diferentes melloras nos servizos de internet, telefonía fixa e móbil de centros públicos dependentes da Administración autonómica. Entre as melloras comprometidas, R, operador adxudicatario dos servizos de telefonía fixa e de internet, incrementará a velocidade de conexión a internet en 277 centros de servizos públicos, que abranguen...

Páxinas