Rogelio Martínez presenta as medidas de modernización do servizo de Xustiza gratuíta levadas a cabo na Delegación Territorial

Venres 29 de Outubro de 2010

Rogelio Martínez presenta as medidas de modernización do servizo de Xustiza gratuíta levadas a cabo na Delegación Territorial

Empregaranse as novas tecnoloxías para ser máis eficientes na xestión o tempo que se aforrarán custos

O Delegado Territorial da Xunta en Ourense salientou a importancia da asistencia xurídica gratuíta para garanti-la igualdade dos dereitos dos cidadáns

O Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo Xefe Territorial da Consellería de Presidencia, Luis Menor, presentou, en rolda de prensa, unha iniciativa do departamento territorial de presidencia para axiliza-la tramitación na asistencia xurídica gratuíta que permitirá, ademáis de máis eficiencia na xestión, aforrar custos, uns 6.000 euros ó ano. Pretendemos puntualizou “obter o máximo rendemento dos recursos públicos”.

As medidas de modernización que se propoñen pasan pola a elaboración dunha solicitude do beneficio de Xustiza Gratuíta, onde se recolla o maior número de información do suxeito/s interesado no mesmo. Pódese incluír un apartado onde voluntariamente o peticionario poida incluí-la súa dirección de correo electrónico para poder face-las notificacións e peticións de documentación oportunas a través de esta áxil vía.

Xestionaranse convenios con tódolos Rexistros Públicos para poder acceder telepáticamente, e, en tempo real, a súas Bases de Datos, co obxectivo de recabar a maior información posible do suxeito pasivo do beneficio, co fin de que a resolución que adopte ulteriormente a comisión sexa a máis xusta posible. (Catastro, Tesorería Xeral da Seguridade Social, Axencia Tributaria, Tráfico, outros registros públicos).

Actualmente estanse a realizar unas seis comunicacións por cada resolución da Comisión de Xustiza Gratuíta ( interesado, procurador, abogado, Colexio Procurador; Colexo de abogados e órgano xudicial). Estas comunicacións realizánse a través do correo, normalmente certificado, con acuse de recibo (especialmente as resolucións negativas ós peticionarios). Algo que supón un custe económico elevadísimo para o servizo. A medida correctora que se propón dende o departamento territorial da consellería de presidencia é a de validar legalmente unha comunicación das resolucións a través dun PDF, que chegará ós seus destinatarios a través de correos electrónicos dados a tal efecto.

Funcionamento do SOX

O SOX (servizo de Orientación Xurídica), habilitado no Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, é o encargado de recepcionar e tramitar case a totalidade de peticións que se xeran de xustiza gratuíta. Este servizo, habitualmente cada venres, envía ó Servizo de Xustiza Gratuíta tódalas peticións que recepciona durante a semana.

Unha vez que chegan as peticións físicamente en soporte de papel á Xunta de Galicia, os funcionarios mecanízanos no sistema de xestión de procedementos administrativos, rescatando telemáticamente os datos que o SOX previamente introduciu, identificando o peticionario.

En Ourense, existe un programa informático propio, ó que se denomina “Programa azul”, onde se ordean os datos de interese procesados de cada peticionario, xerando uns listados que servirán de base para que os membros da Comisión de Xustiza Gratuíta de Ourense poidan decidir sobre a conveniencia ou non de conceder o beneficio demandado.

Con arreglo á normativa vixente (lei 1/1996 e Decreto da Xunta 269/2008, do 6 de novembro, que desarrolla a normativa en nuestra CCAA), quedan fora deste programa, os asuntos de Extranxería, Prisións, Menores en Centros, Exhortos e Sociais, os cales, se lles concede directamente e, por defecto, o beneficio de xustiza gratuíta.

Una vez mecanizados os datos díctase resolución, a resolución pode ser positiva ou negativa (neste último caso debe ser fundamentada: por non aportar datos; por superar os ingresos mínimos exigidos; por datos externos que o xustifiquen, etc...).

O tempo medio de resolución de cada expediente es de unos 15/20 días dende a súa recepción.O servizo conta cun total de 4 personas, unha persona mecaniza as solicitudes; dous funcionarios tramitan tódolos expedientes e un cuarto funcionario encárgase de rexistra-los peticionarios.

Solicitudes

A Xunta pasou de destinar nos dous primeiros trimestres do 2009 máis de 50 mil euros ó servizo de xustiza gratuíta, a 55 mil nos dous primeiros trimestres deste ano. Esta cifra supón un importante incremento. 

O Delegado Territorial explicou que a crise económica fai que se multipliquen os litixios, polo que están aumentando as reclamacións de cantidade, hipotecarias, despidos, reclamacións salariais concursos…. Ademais o longo dos últimos anos tamén se incrementou o número de controversias familiares en vía xudicial, máis separacións, casos de violencia de xénero. Outra das causas do aumento no número de expedientes é o incremento da poboación inmigrante, xa que unha alta porcentaxe deles carece dos recursos necesarios para litigar.

Martínez deu a coñece-las cifras dende o 2008 que se pasou de 2.912 expedientes a 3.012 en 2009, e preto de 3500 no que levamos de 2010.

Martínez quixo poñer en valor este tipo de iniciativa para mellora-lo servizo e dar “resposta axeitada a unha asistencia que cada vez se ofrece a máis persoas” e destacou a importancia da asistencia xurídica gratuíta para garantir a igualdade dos dereitos dos cidadáns.