Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Galicia inviste máis de 50 millóns de euros en acordos marco para avanzar na automatización de procesos e na incorporación de tecnoloxías avanzadas na administración a través de servcios na nube

• Estes investimentos veranse reforzados co novo Plan de Administración e Goberno dixital 2025, que aprobará proximamente o Goberno galego
• O novo Plan centrará as súas liñas de acción na xestión intelixente do dato, a proactividade e a accesibilidade na xestión dos servizos públicos
• Ademais a xunta está a reforzar as infraestruturas dixitais no territorio coa construción do novo Data Center e o Centro de Excelencia en Ciberseguridade
• A responsable da Axencia autonómica participou hoxe nunha Mesa redonda organizada pola consultora EY en Madrid na que se abordou “A transición Dixital na Administración Pública”


Galicia inviste preto de 52 millóns de euros en  acordos marco  para avanzar na automatización de procesos e na incorporación de tecnoloxías avanzadas na administración a través de  servizos na nube. Estes investimentos veranse reforzados co novo Plan de Administración e Goberno dixital 2025, que aprobará proximamente o Goberno galego. Así adiantou hoxe a directora da Axencia para a Modernización de Galicia, Mar Pereira, na súa intervención na mesa redonda “A transición Dixital na Administración Pública” , organizada pola consultora EY en Madrid

A xestión intelixente do dato e a aplicación de tecnoloxías vinculadas á intelixencia artificial xunto con outras tecnoloxías dispruptivas son os elementos diferenciadores do III Plan de Administración e Goberno Dixital 2025. Enmarcado na primeira liña estratéxica da Extratexia Galicia Dixital 2030 o novo Plan ten entre os seus obxectivos configurar a identidade dixital da cidadanía, consolidar unha Administración proactiva e persoalizad, e accesible que se adiante ás necesidades do cidadán; unha administración automatizada que impulsará unha xestión intelixente do dato para crear servizos innovadores.

A directora da Axencia destacou tamén o reforzo das infraestruturas dixitais do territorio coa construción dun novo Data Center, que permitirá duplicar as capacidades de procesamento e  almacenamento de datos actuais e que estará dimensionado para xestionar o incremento de novos servizos dixitais;  e a posta en marcha do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia, que ten como obxectivo desenvolver a ciberseguridade como motor de transformación económica e social.

A directora da Axencia destacou que Galicia aposta por un modelo híbrido, a través de  solucións en infraestruturas propias e de cloud publica. De feito licitarase en breve un acordo marco po  por 10 millóns de euros que dotará á Xunta de capacidades para avanzar cara a solucións en nube pública.

Lembrou tamén a aposta pola incorporación de tecnoloxías disruptivas no sector público que se concreta noutro acordo marco de 30 millóns de euros, ao que se que se presentaron  28 empresas, e que para avanzar na automatización licitouse outro acordo marco por 8 millóns de euros, que permitirá a adquisición de ata 50 robots que realizarán as tarefas máis rutinarias da tramitación  administrativa. 

Preto de 60 millóns de euros investidos na eAdministración 
Galicia iniciará o II Plan de Administración dixital tras unha década que permitiu acadar unha madurez nos procesos internos de dixitalización e un incremento na relación telemática entre os galegos e a administración grazas ás medidas postas en marcha po los dous plans anteriores nos que se investiron 59,9 millóns de euros.

Así en 2021 85% dos galegos e galegas que tiveron que facer xestións coa Xunta optaron por realizalas online. Son máis dun 8% respecto ao ano anterior e preto dun 60% respecto a 2019. Así o recolle o sistema de indicadores da Administración Dixital, accesible desde o Portal de Transparencia da Xunta, que reflicte a evolución de uso e implantación dos diferentes servizos dixitais da Administración autonómica. 

As notificacións electrónicas, que o usuario pode recibir no móbil en lugar de en papel a través da caixa de correo, incrementáronse máis dun 37% no último ano pasando máis de 888.00 en 2019 a máis de 1,2 millóns en 2021. E máis de 1.428.556 dispoñen de Chave 365 rexistrando no 2021 un incremento de máis do  400% respecto ao ano anterior.

Galicia, no segundo posto da dixitalización administrativa
Neste sentido o esforzo de Galicia viuse reflectido ao situarse a cabeza do ranking estatal no nivel de madurez da dixitalización da Administración. O informe a Administración Dixital en España publicado por Ey en 2019 situaba a Galicia no segundo posto no cumprimento das normativas de dixitalización cunha porcentaxe do 94%, só 0,5 décimas por detrás do País Vasco.

O informe destacaba un alto nivel de cumprimento dos requisitos das leis  39 y 40/2015 como asistencia ao cidadán e a empresa, as notificacións, o expediente documento e arquivo electrónico, a identidade dixital e a sinatura electrónica, o portal web e o rexistro electrónico