Rede CeMIT

A Rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.

O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega.

 

A Rede caracterízase pola impartición deactividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento.

Conta coa colaboración de 92 concellos galegos. Está integrada por 98 aulas, chegando a todos os puntos da xeografía galega, de tal xeito que todo galego/a ten un aula a media hora de distancia do seu fogar e pode acceder á formación desde calquera punto.

Todas as aulas están equipadas con última tecnoloxía, internet y sistemas de videoconferencia.

 

Image removed.

Modalidades

Formación presencial

 

 

Image removed.

Impartida directamente nos centros da rede e que engloban os cursos propios do Plan de Formación da Rede CeMIT, que perseguen a alfabetización dixital da cidadanía en xeral, ou a través do sistema de videoconferencia con que están dotadas as mesmas:

- Formación en alfabetización dixital
- Formación avanzada de profesionais TIC, impartida polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)
- Formación de empregados públicos, a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
- Actividades externas á rede: aquelas impartidas polas entidades colaboradoras da Rede ou ben por outros organismos da Administración Pública que colaboren empregando as aulas para unha maior difusión da súa actividade e proximidade aos seus usuarios potenciais.

 

Image removed.

Para permitirlle á cidadanía realizar actividades formativas a través da plataforma de teleformación EMA, Espazo Multimedia de Aprendizaxe, onde están dispoñibles distintos cursos de alfabetización dixital.

 

 

Image removed.

 

Aula aberta

Os centros da rede tamén son “aulas abertas” ou espazos nos que as persoas usuarias poderán, dentro dun horario establecido, acceder libre e gratuitamente á utilización do equipamento, contando co apoio e asesoramento dos responsables das aulas.

 

 

Image removed.

Para máis información consulta a páxina web da Rede CeMIT: http://cemit.xunta.es.

Portal relacionado