Galicia Open Future

 

Galicia Open Future (GOF), é o centro de emprendemento posto en marcha por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Economía e Industria para impulsar a xeración de riqueza e o emprego en Galicia.

O GOF, que celebra xa a súa segunda edición, acolle en cada convocatoria un máximo de 50 iniciativas empresariais. Durante os seus seis meses que dura o programa, os emprendedores seleccionados poden traballar na sede de Galicia Open Future, situada na Cidade da Cultura, e reciben formación e adestramento especializado sobre financiamento, legalidade, márketing, e-commerce ou deseño de marca.

As materias impártense mediante talleres prácticos, sesións inspiradoras ou de innovación aberta e demolabs. Ademais, o equipo de GOF axúdalles a

 

Image removed.

identificar posibles fontes de financiamento e facilítalles os contactos con fondos especializados en startups tecnolóxicas, como os que integran a rede Amérigo creada por Telefónica.

Os emprendedores poden compartir, tamén, experiencias con emprendedores de todo o mundo involucrados no programa de innovación aberta Open Future de Telefónica- no que se integra Galicia Open Future-, e que conecta a emprendedores, startups, investidores e organizacións públicas e privadas a nivel mundial.

Programa de Incentivos da Xunta
A través do Programa de Incentivos da Xunta, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) concede unha axuda de 2.000 euros a cada un dos proxectos seleccionados. Superada a primeira fase de formación, e unha vez evolucionados xa os proxectos, un xurado de expertos seleccionará aos tres mellores en función da súa achega aos sectores estratéxicos de Galicia, a súa innovación, o potencial de mercado, o grao de maduración e a súa viabilidade, ademais da súa composición multidisciplinaria, a súa motivación e o uso de tecnoloxía diferencial.

Os tres seleccionados recibirán unha achega de ata 25.000 euros da Axencia Galega de Innovación, que deberá destinarse ao desenvolvemento do propio proxecto. Poderán acceder tamén a un préstamo reembolsable concedido por XesGalicia por un valor máximo doutros 25.000 euros.

Ademais da formación e o financiamento, os emprendedores poden compartir experiencias con emprendedores de todo o mundo involucrados no programa de innovación aberta Open Future de Telefónica- no que se integra Galicia Open Future-, e que conecta a emprendedores, startups, investidores e organizacións públicas e privadas a nivel mundial.

Éxito de participación
Para esta segunda edición de Galicia Open Future, no que Telefónica inviste anualmente preto dun millón de euros, presentáronse máis de 180 startups de toda Galicia e Portugal, cincuenta máis que na pasada edición, cuxos proxectos experimentaron unha forte consolidación e aberto novas oportunidades de negocio, entrando en contacto con novos investidores e clientes (Telefónica, Sergas…), e accedendo, algúns, a outros programas de aceleración, e resultando outros gañadores de premios nacionais como Singularity University ou Emprendedor XXI. Ademais, a globalidade do Programa Open Future permitiulles tamén o contacto con outros países, facilitando a súa internacionalización.

Coñece Galicia Open Future