A Xunta pon en marcha o Plan Smart Turismo para impulsar a modernización e a competitividade do sector a través das TIC

O Plan Smart Turismo, enmarcado no Plan Integral de Turismo 2014-2010, aliña a tecnoloxía cos obxectivos estratéxicos da Administración autonómica para evolucionar cara un sector turístico máis competitivo, participativo e innovador. O Plan, aprobado polo Consello da Xunta, establece a creación dunha plataforma tecnolóxica que modernizará as infraestruturas tecnolóxicas para a xestión do turismo en Galicia, permitirá establecer mecanismos estables de comunicación e colaboración cos axentes do sector e axudará a cumprir os obxectivos en canto á promoción e comercialización do produto turístico e facilitará a análise e toma de decisións por parte dos xestores.

Cun investimento previsto de 10 millóns de euros ata 2020, as actuacións do Plan estrutúranse en torno a catro eixos estratéxicos, a modernización das infraestruturas tecnolóxicas de turismo de Galicia, a promoción, comercialización e fidelización dos viaxeiros, o fomento da innovación, coordinación e colaboración público-privada e o potenciación do Camiño de Santiago, a través da liña SmartCamiño.

A implementación destas iniciativas dá cumprimento a dúas accións do Plan Integral de Turismo de Galicia no marco das liñas estratéxicas do ‘Camiño como eixe vertebrador da oferta turística de Galicia’ e o ‘Fomento do talento e o aproveitamento das novas tecnoloxías’: a posta en marcha do Smart Camiño e o desenvolvemento da plataforma tecnolóxica Smart Turismo.

Eixe vinculado