Plan Trabe: modernización tecnolóxica dos servizos sociais
O Consello da Xunta aprobou no mes de abril de 2013 o Plan Trabe para a Modernización Tecnolóxica dos Servizos Sociais. Dotado cun orzamento de 19,7 millóns de euros en cinco anos é un instrumento de apoio á planificación estratéxica deste área clave para a Comunidade, que xestiona a atención e as prestacións de máis de 1,6 millóns de galegos.
Coa integración das TIC na xestión dos servizos sociais, a Administración autonómica busca mellorar a súa eficiencia para garantir á sostibilidade do sistema e incrementar a súa capacidade para dar cobertura a unha demanda que está en aumento. Ademais, a modernización da xestión permitirá reducir tarefas administrativos e prazos de tramitación.
Para conseguilo o Plan, elaborado Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar en estreita colaboración co Servizo Galego de Saúde, prioriza a coordinación dos recursos sociosanitarios, que podería permitir unha optimización do gasto sanitario por un importe estimado de 32 millóns de euros anuais. Ademais, a integración da tecnoloxía na xestión dos servizos sociais permitirá un aforro de 4 millóns de euro ao ano.
Integración dos sistemas de información
Unha das claves do Plan é a creación dun sistema integrado de intercambio de información entre os sistemas sociosanitario e as administracións local e autonómica, dispoñible para todos o axentes implicados con toda a información relevante dos usuarios e coa carteira de servizos global.
A creación desta plataforma tecnolóxica facilitará a implantación efectiva da historia social única dos usuarios, que poderá integrarse coa historia clínica e simplificará o labor dos preto de 30.000 profesionais que integran o Sistema Galego de Servizos Sociais.
A dispoñibilidade desta información e a coordinación entre os diferentes sistemas e axentes implicados permitirá predicir necesidades e desenvolver políticas de prevención.
Fomento do autocoidado preventivo
Outro dos eixos do Plan é a modernización da xestión dos centros asistenciais, orientándoos cara unha especialización en coidados de larga duración evitando, no posible, as estancias en hospitais. Esta medida irá acompaña da implantación dunha plataforma de teleasistencia social que favoreza autocoidado preventivo no fogar, grazas ao seguimento dos usuarios e ao seu tratamento a distancia.
Para acadar estes obxectivos a plataforma prevé servizos non intrusivos no fogar para ae monitorización do usuario en tempo real, aplicacións de rehabilitación sensorial a través de smart TV ou tablets e servizos de seguimento e localización de persoas con risco de extravío.
Axilizar a tramitación
A implantación de solucións tecnolóxicas na xestión dos servizos sociais será clave para maximizar a eficacia do sistema e conseguir un servizo de maior calidade e con capacidade para atender un número crecente de usuarios. Con esta finalidade crearanse ou melloraranse as ferramentas empregadas polos profesionais para a xestión da información, conseguindo reducir o tempo dedicado á xestión de solicitudes e unha xestión máis eficaz de pagamentos. Impulsarase a presentación de documentación en formato electrónica así como as notificacións telemáticas en lugar de empregar o correo ordinario.
Para conseguir estes obxectivos, o plan implica a colaboración de todo o sector, desde as Administracións, aos centros de atención, profesionais colectivos na atención social para unha mellor xestión das prestacións sociais axilizando os tempos de resposta e optimizando os recursos das diferentes administracións.
Impulso do tecido empresarial e do sector TIC
As medidas establecidas no plan contribuirán ao desenvolvemento dun novo sector empresarial e profesional de notable impacto produtivo e de xeración de emprego, no que Galicia pode ser un referente nacional e internacional.
Ademais, suporá un forte impulso ao sector TIC galego que poderá desenvolver proxectos innovadores no eido sociosanitario ao abeiro do Plan.