Telefónica mellorará a cobertura móbil en zonas urbanas e nas principais vías de comunicación galegas
Así se recolle nun convenio asinado hoxe entre a compañía e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para continuar o traballo levado a cabo nos últimos meses polo operador
Esta actuación inscríbese nos compromisos adquiridos por Telefónica no marco do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia
No ámbito rural a extensión de redes 3G dentro do Plan están a mellorar o servizo de telefonía móbil nestas zonas
A directora da Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, asinaron hoxe en Santiago de Compostela un convenio de colaboración para mellorar a cobertura móbil en zonas urbanas e nas principais vías de comunicación galegas.
Este convenio forma parte dos compromisos adquiridos por Telefónica no marco do Plan de Banda Larga de Xunta de Galicia -onde a Compañía dispón de máis de 1.000 estacións base e unha porcentaxe de cobertura de la poboación do 99%-. No marco deste compromiso, Telefónica xa realizou diferentes actuacións nestes últimos meses, cuxos resultados son xa visibles en varios puntos da AP-9, onde se detectaran problemas de cobertura que a miúdo teñen que ver con dificultades administrativas para instalar las estaciones base. Neste sentido, no convenio rubricado hoxe, indícase que dende a Xunta se facilitará, na medida do posible, a interlocución con aquelas administracións coas competencias de autorización precisas para que Telefónica poida levar a cabo as intervencións requiridas.
Pola súa banda, Telefónica continuará os traballos iniciados para mellorar a calidade da cobertura en puntos das principais vías de comunicación e cidades galegas, que se irán fixando nas sucesivas comisións de seguimento do convenio.
Puntos de mellora
Un dos puntos onde xa se mellorou a calidade do sinal é na zona de Muiños, entre Teo e Padrón, tras a ampliación da infraestrutura dunha estación base situada neste área. Tamén se mellorou a cobertura en na Autopista Central Gallega (AP-53) Santiago- Dozón, e en concreto nas zonas de Marzán (Vedra) e Valboa (no límite provincial entre Coruña e Pontevedra).
Nas cidades, mellorouse a calidade no túnel de María Pita de A Coruña, e en Santiago xa se dispón de cobertura nos túneles da Avenida de Lugo e Romero Donallo. Maiores dificultades, non obstante, presenta o túnel de Beiramar, en Vigo, onde Telefónica está intentando dende hai tempo xestionar uns permisos que permitan resolver os problemas de cobertura desa transitada va.
Outras accións no ámbito rural
Xunto con esta actuación orientada a ámbitos urbanos, o Goberno galego, dentro do seu ámbito competencial, está a desenvolver varias medidas para paliar os problemas da cobertura móbil en Galicia. Así nas zonas rurais o despregamento de redes 3G dentro do Plan de Banda Larga está a mellorar a calidade da cobertura en 11.000 núcleos de poboación. Ademais, as actuacións que está a desenvolver o operador público Retegal contribuirán a solventar este problema ao poñer as súas infraestruturas á disposición dos operadores.
Lei de Telecomunicacións
Por outra banda, a Xunta está a tramitar a primeira Lei de Impulso e Ordenación das Infraestruturas de Telecomunicacións de Galicia, que permitirá establecer os criterios a seguir polos concellos e a Xunta na planificación do territorio, convertendo os servizos de telecomunicacións nun elemento máis de planificación urbanística de modo similar á luz e a auga.
A lei contribuirá á implantación ordenada e eficiente das infraestruturas e ao fomento da competencia para garantir que os galegos poidan acceder aos servizos de telecomunicacións en igualdade de condicións.
Formación a técnicos municipais
Ademais, desde a Xunta, en colaboración cos axentes do sector, se veñen desenvolvendo actividades para formar as técnicos responsables dos gobernos locais con competencias en materia de urbanismo e novas tecnoloxías. Durante o ano pasado profesionais dos 315 concellos participaron nunhas xornadas tramitación das licencias municipais para a instalación de estacións base de radiocomunicación, tanto no relativo ás urbanísticas como ás de nova apertura ou funcionamento.