Santiago de Compostela, na vangarda da tecnoloxía móbil

Venres 13 de Xullo de 2012

Santiago de Compostela, na vangarda da tecnoloxía móbil

Telefónica crea un dos primeiros puntos de acceso LTE de España no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Permite velocidades de baixada de ata 100 Mbps e 42 Mbps de subida

Forma parte dos compromisos adquiridos coa Xunta de Galicia dentro do Plan de Banda Larga

Realidade aumentada, vídeo e xogos HD en streaming ou aplicacións na nube para o ámbito da saúde ou a educación, entre as súas múltiples utilidades

Santiago de Compostela converteuse hoxe, xunto con Madrid e Barcelona, nunha das tres primeiras cidades españolas en dispoñer de acceso rede móbil de última xeración LTE (Long Term Evolution), a máis avanzada do mercado.

O despregamento efectuado por Telefónica da tamén coñecida como tecnoloxía 4G posibilitará velocidades de hasta 100 Mbps de baixada e 42 Mbps de subida, e nun principio estará circunscrito ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, onde algunhas das principais empresas do sector TIC galego poderán ensaiar novos servizos, produtos e dispositivos desenvolvidos para redes de alta capacidade.

O primeiro punto de acceso 4 G galego -que se limitará por agora, como en Madrid e Barcelona, a este ámbito empresarial, toda vez que no mercado español non están aínda dispoñibles comercialmente terminais móbiles con LTE- foi presentado hoxe no propio Centro de Novas Tecnoloxías polo director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, acompañado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia –AMTEGA-, Mar Pereira; e o director de Vendas de Alcatel-Lucent para Telefónica, Alberto Freire.

A implantación do LTE en Santiago forma parte dos compromisos adquiridos por Telefónica coa Xunta dentro das actuacións do Plan de Banda Larga que a Axencia dirixida por Mar Pereira está executando para levar Internet a zonas orográficamente complexas do rural galego, e do que se beneficiarán 250.000 persoas residentes en 11.350 pequenos núcleos de poboación.

No transcurso do acto, Manuel Alonso cualificou esta posta en marcha do LTE en Santiago “como unha mostra máis da implicación de Telefónica con Galicia”, e subliñou o carácter de “servizo ao sector TIC galego” o feito de que a partir de agora as empresas poidan probar os seus desenvolvementos coa tecnoloxía máis avanzada do mundo en banda larga móbil.

Pola súa banda, a directora de AMTEGA destacou que un dos obxectivos prioritarios do Goberno galego en materia de novas tecnoloxías é facilitar o acceso a Internet a todos os galegos a través do Plan de Banda Larga, que permitiu que a día de hoxe o 90% da poboación teña acceso a este servizo fronte á porcentaxe do 70% de 2009. Ademais de proporcionar un servizo básico para cidadáns e empresas, Mar Pereira recalcou que a Xunta aposta tamén porque Galicia conte coas tecnoloxías máis innovadoras e que este primeiro punto de acceso á tecnoloxía LTE nos sitúa entre as Comunidades pioneiras neste ámbito.

Alberto Freire, responsable de Vendas Wireless de Alcatel-Lucent, provedor de Telefónica nesta fase de implantación do 4G, falou sobre as capacidades das futuras redes móbiles LTE para ofrecer novos servizos multimedia, destacando a innovación da rede mostrada en Santiago como unha das máis avanzadas no mundo dende o punto de vista de acceso raio.

Tecnoloxía de vangarda

Na presentación de hoxe ante os medios de comunicación, o responsable de Proxectos de Transformación e Innovación do Corporate Innovation Center de Telefónica, Guillermo Bataller, levou a cabo unha presentación multimedia na que exhibiu as distintas posibilidades que ofrece esta tecnología móbil. Grazas ao incremento de velocidade, a simplificación da arquitectura e a diminución dos tempos de resposta que proporciona esta tecnoloxía, se poderá acceder máis rápidamente a vídeos HD en streaming, disfrutar en mobilidade de servizos en tempo real que requiran de una interacción constante -como poden ser xogos e programas que requiran de alta resolución gráfica aloxados na nube- e realizar videoconferencias con experiencias visuais melloradas, ademais de extraer o máximo rendemento ás solucións de cloud computing ou realidade aumentada no ámbito da educación, a saúde ou a publicidade. Unha tecnoloxía, tamén, que ao manexar de forma máis óptima o espectro radioeléctrico permitirá que máis usuarios poidan conectarse de forma simultánea ás diferentes redes.

Telefónica foi tradicionalmente pioneira en España no lanzamento e despregamento das últimas tecnoloxías de banda larga móbil, e o seu obxectivo é continuar séndoo con LTE. Así, en xullo de 2007 lanzou o 3,5G, coa que se alcanzaban velocidades de ata 14 Mbps, e en setembro de 2010 se despregou o Dual Cell nas capitais españolas de máis de 250.000 habitantes para chegar a taxas de ata 42 Mbps na descarga de datos. A finais do ano pasado, a Compañía tiña instalado HSPA Plus, con taxas de ata 21 Mbps, en todas as capitais de provincia e autonómicas españolas, ademais de zonas turísticas principais e de alta densidade empresarial, e na actualidade a velocidade mínima do 3 G que ofrece Telefónica aos seus clientes é de 7,2 Mbps.

Con 3G, ademais, en setembro do pasado ano Telefónica puxo en servizo o despregamento utilizando as frecuencias de 900 Mhz, co obxectivo de mellorar a capacidade de navegación e de cobertura en interiores da transmisión de datos en zona urbana, e estender o servizo de banda ancha móbil a zonas rurais. Completáronse xa case 5.000 localizacións con esta tecnoloxía nas cidades de máis de 50.000 habitantes, e nas zonas rurais de Galicia que forman parte do Plan de Banda Larga da Xunta.