Preto de 200 persoas examínanse esta semana para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Amtega

Mércores 31 de Maio de 2017

Preto de 200 persoas examínanse esta semana para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Amtega

Os exames presenciais celébranse os días 1 e 2 de xuño nas aulas CeMIT de 18 concellos de toda Galicia
Están orientadas a aquelas persoas matriculadas no curso de teleformación titorizado que se vén desenvolvendo dende o mes de febreiro
Neste mes de xuño publicarase unha nova edición deste curso con 180 novas prazas, e cuxo inicio está previsto para o mes de setembro
Este certificado, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acredita a formación nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

Un total de 180 persoas participarán mañá xoves, 1 de xuño e o venres, 2 de xuño, nas probas de avaliación presenciais para  obter a certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX), da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado 15 de marzo, pon fin á actividade formativa que se desenvolveu nos últimos tres meses e na que estes alumnos puideron resolver dúbidas e obter os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

As persoas admitidas poden consultar na plataforma de teleformación do CeMIT, na que realizaron o curso (http://cemit.xunta.gal/ema) a súa data de exame asignada, centro e hora, así como as instrucións para a realización das probas. O exames terán lugar nas aulas CeMIT de 18 concellos de Galicia, elixidos atendendo as localidades de orixe do alumnado para evitar desprazamentos innecesarios:

 

xoves 1 xuño

venres 2 xuño

 

10:00

12:00

10:00

12:00

Ames

 

 

X

 

Betanzos

 

 

X

 

Boiro

 

 

X

 

Celanova

 

 

X

 

Coruña, A

 

 

X

X

Lalín

X

 

 

 

Lugo

X

 

 

 

Narón

X

 

 

 

Oroso

 

 

X

 

Ourense

 

 

X

 

Pontes, AS

X

 

 

 

Pontevedra

X

 

 

 

Santa Comba

 

 

X

 

Santiago de Comp

X

X

 

 

Sarria

X

 

 

 

Tomiño

X

 

 

 

Vigo

 

 

X

X

Vilanova Arousa

X

 

 

 

Avaliación

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos  do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na  Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia  e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.es/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo.

Preto de 1.500 prazas convocadas para este ano  2017

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2017, que terá a súa continuación no segundo semestre cun novo curso de teleformación titorizada que se publicará no DOG na primeira quincena de xuño (con inicio previsto para o mes de setembro) e novos exames presenciais en outubro, ata chegar a un número superior ás 1.400 prazas dispoñibles para que a cidadanía poida acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no dito plan.