Permanece aberto o prazo de presentación de candidaturas á V edición do premio ao mellor proxecto Fin de Carreira con Software Libre
A convocatoria pecharase o 31 de outubro e poderá presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira nalgunha das convocatorias dos anos académicos 2010-2011 e 2011-2012
O premio, que foi creado hai cinco anos pola empresa galega Igalia, ten unha contía económica de 2.300 euros a repartir en 3 categorías
Desde a Axencia de Modernización Tecnolóxica búscase darlle un novo pulo á convocatoria integrando nel aos distintos axentes do sector do software libre galego
O prazo de presentación de candidaturas á V edición do Premio ao mellor proxecto de Fin de Carreira con Software Libre, organizado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, permanecerá aberto ata o vindeiro 31 de outubro.
Poden presentarse todos os proxectos de fin de carreira que presentados no Sistema Universitario Galego en calquera das convocatorias nos anos académicos 2010-2011 e 2011-2012, incluídos polo tanto os de setembro de 2012.
Os requisitos que deben cumprir os proxectos son ter sido realizados cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación e ter publicado o software desenvolvido durante o Proxecto Fin de Carreira cunha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative.
O premio está dotado con ata 2.300 euros a repartir en tres categorías; primeiro premio e accésit, concedidos pola empresa Igalia, e unha mención especial, que concederá a Asociación Cultural Trasno á promoción da lingua galega nas Tic ao proxecto en software libre no que se traduza, localice, internacionalice ou se difunda a lingua galega.
Ademais a empresa Igalia tamén ofrece un 10% de desconto adicional aos participantes neste premio que queiran cursar o Máster en Software Libre para o tamén continúa aberto o prazo de matriculación.
Todos os interesados en participar poden consultar a información na páxina do premio dentro do portal mancomún ou poñerse en contacto coa oficina de coordinación FLOSS da Xunta de Galicia ocfloss@xunta.es
Impulso ao software libre
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza e convoca este ano, por primeira vez, o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre. Unha iniciativa que se enmarca no doPlan de Software Libre 2012 da Xunta para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega.
Este premio, que vai pola súa V edición, foi creado no 2007 polaempresa galega Igalia, tras detectar unha importante carencia de profesionais especializados neste área. Xunto co premio, Igalia puxo en marcha o Máster en Software Libre que organiza en colaboración coa Universidade ReyJuan Carlos.
Desde a Axencia de Modernización búscase darlle un novo pulo á convocatoriaintegrando nel aos distintos axentes do ecosistema do software libre galego seguindo a mesma estratexia global e integradora transversal a todas as actuacións do seu Plan de Software Libre. Así, ademais de co patrocinio da empresa Igalia e da Asociación Cultural Proxecto Trasno, cóntase coa participación e colaboración das tres universidades galegas, de AGASOL, e das asociacións galegas de usuarios de Software Libre GALPon, Ghandalf, GPUL, Melisa e Trasno.