O xulgado de Padrón conta con conexión a internet de 100 Mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Domingo 04 de Maio de 2014

O xulgado de Padrón conta con conexión a internet de 100 Mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

O 86% das sedes xudiciais da provincia da Coruña teñen acceso a estas redes.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica completou a implantación desta tecnoloxía punteira en 38 das sedes dos 45 partidos xudiciais da Comunidade.

As Redes de Nova Xeración permiten un acceso ata dez veces máis rápido aos diferentes recursos na Rede e o acceso simultáneo de máis usuarios.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) posibilitou o acceso a Redes de Nova Xeración (NGA´s) con 100 Mbps de velocidade no xulgado de Padrón, elevando a preto do 86% a porcentaxe de sedes xudiciais da provincia con conexión de fibra óptica.

A mellora da conectividade dos xulgados é posible grazas á posta en marcha pola Xunta do Plan de Banda Larga de Galicia, que permitiu dotar de conexións con velocidades de 100 Mbps a 38 edificios das 45 sedes xudiciais existentes nas catro provincias galegas.

A implantación de redes de 100 Mbps permite multiplicar por 10 a velocidade de baixada e quintuplicar a velocidade de subida. Deste xeito os empregados dos xulgados poderá ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos; poderán conectarse simultaneamente un maior número de usuarios e permitirá o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.

Con esta actuación búscase dotar tanto ás cidades como ao rural da mellor conectividade posible e avanzar na modernización da xustiza con iniciativas como o Plan Senda para introducir as TIC no eido xudicial galego, que leva investidos 13,7 millóns de euros no período 2009-2012. As medidas do Plan abranguen a mellora das infraestruturas de telecomunicacións das sedes xudiciais, a implantación e actualización dos sistemas de información.

Máis de 1 millón de galegos con acceso a 100 Mbps
Para o desenvolvemento de iniciativas como o Plan Senda e para a integración das TIC en todos o ámbitos administrativos é fundamental contar infraestruturas de telecomunicación adecuadas. Por iso, a Xunta puxo en marcha o Plan de Banda Larga 2010-2013, que está a posibilitar que tanto os centros administrativos como os cidadáns teñan acceso a un servizo de Internet de calidade que lles permita integrarse de xeito efectivo na sociedade da información.

Unha das actuacións do Plan é a extensión de redes de nova xeración en colaboración co operador R e que xa permitiu que máis de un millón de galegos teñen acceso á redes de fibra óptica de 100 Mbps, que permiten fornecer servizos innovadores, mellorar a calidade ofrecida ao usuario e adaptarse máis rapidamente ás novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.

*Xuntase cadro por provincias coas sedes conectadas con esta tecnoloxía

Sedes Xudiciais con Conexións Iguais ou Superiores a 100Mbps

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

A Coruña

Chantada

Carballiño

A Estrada

Arzúa

Lugo

Celanova

Cambados

Betanzos

Mondoñedo

Ourense

Cangas

Carballo

Monforte

Rivadavia

Caldas

Corcubión

Vilalba

O Barco de Valdeorras

Lalín

Ferrol

Viveiro

Xinzo de Limia

Marín

Negreira

 

Verín

Ponteareas

Noia

 

 

Pontevedra

Ordes

 

 

Porriño

Padrón

 

 

Redondela

Santiago de Compostela

 

 

Tui

Ribeira

 

 

Vilagarcía de Arousa

 

 

 

Vigo