O polígono coruñés de Muros xa ten internet de ata 350 Megas grazas ao Plan de banda larga da Xunta
• O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o parque empresarial deste concello da man dos empresarios
• O Plan, impulsado pola Amtega, ten chegado en 2018 a 7 superficies coruñesas tras activar o servizo noutras 21 entre 2016 e 2017
• Como complemento a esta actuación vén de abrirse unha nova convocatoria de axudas para empresas illadas do rural
• Ata o 31 de xaneiro de 2019 as empresas sen cobertura de 30Mbps poden solicitar subvencións de ata o 100% dos custos das tarefas para acceder a redes ultrarrápidas, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o polígono industrial de Muros acompañado polos empresarios do parque empresarial. Se trata dunha das novas áreas empresariais da provincia que se incorporaron este ano á actuación de despregamento en polígonos do Plan de banda larga da Xunta e o operador R, e que en 2018 completou a súa implantación en oito parques empresariais da provincia: O Acevedo, en Cerceda; Curtis-Teixeiro; Cruz das Cabezas, en As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Muros e Boqueixón.
Rodeiro lembrou que grazas a este proxecto, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o 98% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100 Megas antes do remate do presente ano. As empresas dos polígonos beneficiadas desta actuación do plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 megas de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.
Ademais, o operador R pon á disposición das empresas dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na nube como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir.
Outra opción á man destas empresas é o acceso aos servizos do chamado Internet das Cousas (IoT) e da industria 4.0, relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (big data), entre outros.
O Plan xa completou o despregamento en 57 polígonos e este ano chega aos 24 restantes. Deste xeito, en 2018, un total de 130 polígonos, que concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100Mbps. A Amtega achega unha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de 5,2 millóns. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Axudas a empresas illadas
Para complementar esta actuación, no marco do Plan de Banda Larga, a Amtega puxo en marcha unha liña de axudas para facilitar o acceso a internet ultrarrápida de empresas illadas. Tras unha primeira liña de subvencións a empresas e autónomos con 400.000 euros en axudas en 2017, a Amtega vén de abrir unha segunda convocatoria cun importe de 600.000 euros máis.
As axudas, que se poden solicitar ata o 31 de xaneiro de 2019, subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000€ por proxecto. Non obstante, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000€.
Os principais requisitos que deberán cumprir os solicitantes serán non dispoñer actualmente da posibilidade de acceso a redes ultrarrápidas de cando menos 30 Mbps e manter a alta no servizo contratado inicialmente durante cando menos 1 ano.
Nesta nova convocatoria os interesados poderán presentar solicitude de forma individual ou en agrupación de empresas, co obxecto neste segundo caso de facilitar a dotación dos servizos ultrarrápidos ás empresas e autónomos situados en localizacións próximas.
Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Polígonos cubertos co Plan na Provincia da Coruña
|
CONCELLO
|
POLÍGONO
|
DATA COBERTURA
|
|
ARZÚA
|
PARQUE EMPRESARIAL ARZÚA |
Cuberto
|
|
BETANZOS
|
PARQUE EMPRESARIAL A PIADELA |
Cuberto
|
|
COIRÓS
|
PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS |
Cuberto
|
|
CULLEREDO
|
CENTRO LOXÍSTICO DE TRANSPORTE |
Cuberto
|
|
A LARACHA
|
PLAN DE SECTORIZACIÓN CERÁMICAS CAMPO |
Cuberto
|
|
MALPICA DE BERGANTIÑOS
|
PARQUE EMPRESARIAL DE MALPICA |
Cuberto
|
|
MELIDE
|
PARQUE EMPRESARIAL DE A MADANELA |
Cuberto
|
|
NARÓN
|
POLÍGONO INDUSTRIAL AS LAGOAS |
Cuberto
|
|
OLEIROS
|
PLAN DE SECTORIZACIÓN SUNP I-3 |
Cuberto
|
|
ORDES
|
PARQUE EMPRESARIAL DE ORDES |
Cuberto
|
|
OROSO
|
PARQUE EMPRESARIAL DE SIGÜEIRO E OROSO PEQUEÑO |
Cuberto
|
|
PADRÓN
|
POLÍGONO INDUSTRIAL DE PICUSA |
Cuberto
|
|
PADRÓN
|
PARQUE EMPRESARIAL DE A PICARAÑA |
Cuberto
|
|
PADRÓN
|
POLÍGONO INDUSTRIAL DE CORTIZO |
Cuberto
|
|
A POBRA DO CARAMIÑAL
|
POLÍGONO INDUSTRIAL A TOMADA |
Cuberto
|
|
PONTECESO
|
PARQUE EMPRESARIAL DE PONTECESO |
Cuberto
|
|
AS PONTES DE GARCÍA RODRIGUEZ
|
PARQUE EMPRESARIAL DE PENAPURREIRA |
Cuberto
|
|
RIANXO
|
PARQUE EMPRESARIAL DE RIANXO |
Cuberto
|
|
SADA
|
POLÍGONO INDUSTRIAL ARCO IRIS |
Cuberto
|
|
SANTA COMBA
|
PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA |
Cuberto
|
|
VIMIANZO
|
PARQUE EMPRESARIAL DE VIMIANZO |
Cuberto
|
|
NOIA
|
POLÍGONO INDUSTRIAL AGUALEVADA |
Cuberto 2018
|
|
CERCEDA
|
PARQUE EMPRESARIAL DE O ACEVEDO |
Cuberto 2018
|
|
AS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ
|
ÁREA INDUSTRIAL CRUZ DAS CABEZAS |
Cuberto 2018
|
|
AS SOMOZAS
|
PARQUE EMPRESARIAL DE AS SOMOZAS |
Cuberto 2018
|
|
CURTIS
|
POLÍGONO INDUSTRIAL DE CURTIS-TEIXEIRO |
Cuberto 2018
|
|
BOQUEIXÓN
|
PARQUE EMPRESARIAL DE BOQUEIXÓN |
Cuberto 2018
|
|
MUROS
|
PARQUE EMPRESARIAL DE MUROS |
Cuberto 2018
|