O Instituto de Estudios Turísticos de Galicia implantará a finais deste mes sete paneis tactiles nas principais oficinas de turismo de Galicia que permitirán a explotación de datos de índole turística

Mércores 15 de Agosto de 2012

O Instituto de Estudios Turísticos de Galicia implantará a finais deste mes sete paneis tactiles nas principais oficinas de turismo de Galicia que permitirán a explotación de datos de índole turística

Os visitantes poderán realizar no punto de información turística unha enquisa que ofrecerá datos en tempo real sobre o perfil do viaxeiro en Galicia

O Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, pertencente á Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, implantará a finais deste mes de agosto un conxunto de sete paneis táctiles nas principais oficinas de Turismo de Galicia, as existentes nas catro capitais de provincia – A Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense – así como nas dependencias que Turismo de Galicia ten en Santiago, Vigo e Ferrol.

Ademais de ofrecer información turística de primeira man de cada destino, estes paneis, instalados para o uso público de todos os visitantes, permitirán que os usuarios realicen unha enquisa turística na que se poderán obter datos dos perfil do viaxeiro na nosa comunidade: estancia (aloxamento), motivo da visita, duración, medio de transporte utilizado, así como aspectos mellor e peor valorados.

Este sistema, pioneiro en Galicia, resultará de moi doada aplicación xa que se require dun investimento mínimo, o acceso a Internet dende o punto de información turística.

Unha vez recompilados os datos, o sistema os terá enviado os datos directamente tamén pola rede Internet ao servidor central do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, responsable de procesalos. Esta fonte de información permitirá unha toma de decisións por parte dos responsables da Administración Turística galega máis e mellor axustada á realidade do mercado turístico.