O CPEIG e Secretaría Xeral de Modernización organizan unha xornada sobre o estado actual da sinatura electrónica con expertos de toda España

Mércores 19 de Xaneiro de 2011

O CPEIG e Secretaría Xeral de Modernización organizan unha xornada sobre o estado actual da sinatura electrónica con expertos de toda España

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza a xornada Construíndo a Indentidade Dixital, que reunirá un amplo número de expertos para abordar a sinatura electrónica desde diferentes puntos de vista: os prestadores de servizos, a administración electrónica, os servizos de certificación dixital e a seguridade, entre outros. A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, inaugurarán a xornada o vindeiro día 26 de xaneiro na Escola Galega de Administración Pública, xunto co director da mesma, Pablo Figueroa Dorrego.

A xornada servirá de presentación do libro Construíndo a Identidade Dixital. Situación actual da sinatura electrónica e das entidades de certificación, elaborado polo colexio, e que estará publicado no portal do CPEIG a partir do vindeiro día 25. Moitos dos relatores presentes na xornada contribuíron á realización do devandito estudo mediante as súas reflexións e análises.

As persoas interesadas en asistiren á xornada deberán inscribirse no formulario dispoñible no portal do CPEIG: http://www.cpeig.org/portal. O prazo de inscrición remata o vindeiro día 24. A asistencia á xornada non supón ningún custo económico.

PROGRAMA DA XORNADA   

09:00 RECEPCIÓN DE ASISTENTES

09:10 APERTURA

- Pablo Figueroa Dorrego

Director da Escola Galega de Administración Pública

- Fernando Suárez Lorenzo

Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

- Mar Pereira Álvarez

Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia

 

09:30 MESA REDONDA: A sinatura electrónica e a e-Administración: situación actual e tendencias de futuro

- A situación do despregamento da Lei 11/2007 na Comunidade Autónoma de Galicia

María José García Sexto

Subdirectora Xeral de Sistemas de Información e Modernización da Admón. Pública

Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia

- O papel das CA’s ante as necesidades da Lei 11/2007

Eduardo Portero Delgado

Director General de Ziurtapen eta Zerbitzu Enpresa-Empresa de Certificación y Servicios (IZENPE)

- A Lei 11/2007 na Administración local

Jesús Rodríguez Castro

Xefe do Departamento de Informática do Concello de Santiago de Compostela

- O DNI-e e a e-Administración

Juan Crespo

Inspector xefe do Cuerpo Nacional de Policía para a área de Informática

 

11:00 MESA REDONDA: Os prestadores de servizos de certificación

- Certificación electrónica desde un punto de vista global

David Blanco

Cofundador e CEO de Tractis

- Necesidades de colectivos profesionais

Santiago Núñez Mella

Responsable de Contas de Firmaprofesional

- Asesoramento e innovación

Xavier Tarrés Chamorro

Director Xeral da Agència Catalana de Certificació

- Perspectivas de mercado dos prestadores de servizos de certificación

Rafael Román Álvarez

Responsable de Administracións Públicas de Camerfirma


12:30 DESCANSO

13:00 MESA REDONDA: Os retos dos servizos de certificación dixital e da sinatura electrónica

- Retos lexislativos

Victor Salgado Seguín

Socio de Pintos & Salgado Abogados

- Interoperabilidade de sinaturas electrónicas

Julián Inza

Presidente de Albalia Interactiva

- Convivencia das CA’s públicas e privadas

Diego Hernández Gallardo

Director do departamento CERES da FNMT-RCM

- Retos na seguridade

Marcos Gómez Hidalgo

Subdirector de Programas do Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación (INTECO)

 

14:30 CLAUSURA

- Fernando Suárez Lorenzo

Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

 

Esta xornada desenvólvese no marco do convenio establecido entre o Colexio e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Esta actuación forma parte das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal da Xunta de Galicia.