O CPEIG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organizan 28 xornadas sobre ciberseguridade en centros de ensino de toda Galicia

Xoves 28 de Setembro de 2023

O CPEIG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organizan 28 xornadas sobre ciberseguridade en centros de ensino de toda Galicia

Estas sesións, denominadas ‘Ciberseguranza Kids’ e impartidas a modo de contacontos, desenvolveranse en outubro no marco do programa ‘Tech Kids’, cunha xornada de peche no Gaiás Tech da Cidade da Cultura o día 26

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia organizan no mes de outubro unhas xornadas sobre ciberseguridade enmarcadas no programa ‘Tech Kids’, actividade incluída na ‘Estratexia Galicia Dixital 2030’ e no ‘Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital’ e realizada a través do convenio asinado entre o CPEIG e a Axencia para a realizacións de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia para fomentar a sociedade dixital.

Organizaranse 28 xornadas formativas presenciais en centros de ensino de Galicia. Comezaron hoxe cunha xornada no CEIP de Zas ás 10 horas. Proseguen xa en outubro en Santiago, O Carballiño, Maside, Boborás, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Reis, O Grove, Cambados, Lalín, Lugo, Rábade, Castrelo de Miño, Cartelle, Vigo, Ribeira, Curtis e en Aldán en Cangas do Morrazo, ademais doutras oito sesións aínda sen confirmar.

O programa “Tech Kids” ten como obxecto formar aos rapaces e rapazas en ciberseguridade. As xornadas de divulgación, denominadas ‘Ciberseguranza Kids’, centraranse na ciberseguridade mediante charlas con tipoloxía de contacontos ou outro tipo de actividade de carácter dinámico e participativo. Esta actividade está dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos de idade. Ademais, celebrarase unha sesión de contacontos o vindeiro 26 de outubro no centro Gaiás Tech da Cidade da Cultura en Santiago.

Ademais, a través destes contacontos incidirase no fomento das vocacións STEM entre os máis novos/as, especialmente entre as rapazas con referentes femininas no material didáctico. Tamén esta iniciativa comprenderá a publicación de vídeos específicos e un novo conto con contido de ciberseguridade.

XORNADAS TECH KIDS. ‘Ciberseguranza kids’

28 de setembro Ciberseguranza kids CEIP de Zas. 10 horas
3 de outubro Ciberseguranza kids CEIP As Fontiñas de Santiago. 10 horas
5 de outubro Ciberseguranza kids CEIP Calvo Sotelo do Carballiño. 9 horas
5 de outubro Ciberseguranza kids CPI Terras de Maside. 10.15-10.30 horas
5 de outubro Ciberseguranza kids CEIP de Xuvencos de Boborás. 12.30 horas
6 de outubro Ciberseguranza kids CEIP de Antas de Ulla. 
9.30 horas
6 de outubro Ciberseguranza kids CEIP de Monterroso. 11 horas
6 de outubro Ciberseguranza kids CEIP de Palas de Rei. 13 horas
16 de outubro Ciberseguranza kids CEIP Valle-Inclán do Grove. 10 horas
16 de outubro Ciberseguranza kids CEIP de Corvillón. Cambados. 12 horas
17 de outubro Ciberseguranza kids CEIP Varela Buxán en Cercio, Lalín. 10 horas
18 de outubro Ciberseguranza kids CPR Divino Maestro de Lugo. 9:15 horas
18 de outubro Ciberseguranza kids CEIP Otero Pedrayo de Rábade. 11 horas
19 de outubro Ciberseguranza kids CEIP Castrelo de Miño. 10 horas
19 de outubro Ciberseguranza kids CEIP San Marcos de Cartelle. 11.15 horas
20 de outubro Ciberseguranza kids CEIP Seis do Nadal de Vigo. 10.30 horas
23 de outubro Ciberseguranza kids CEIP Heroínas de Sálvora de Ribeira. 9.30 horas
25 de outubro Ciberseguranza kids IES de Curtis. 10.30 horas
26 de outubro Ciberseguranza kids Gaiás Tech. Cidade da Cultura en Santiago. Hora pendente
31 de outubro Ciberseguranza kids CPR Sagrada Familia de Aldán de Cangas do Morrazo. 10 horas