O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática organiza un curso sobre desenvolvemento de android

Venres 01 de Febreiro de 2013

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática organiza un curso sobre desenvolvemento de android

O prazo para a inscrición no curso remata o vindeiro 25 de febreiro

O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) organiza en Santiago de Compostela, as primeiras dúas fins de semana de marzo (en horario de venres tarde e sábado pola mañán), unha acción formativa sobre o sistema operativo Android, dende o punto de vista do desenvolvedor. Os colexiados e precolexiados no CPETIG, así como os estudantes de informática da USC,UDC UVIGO, obterán importantes descontos na matrícula deste curso que impartirá o enxeñeiro en Informática pola Universidade Politécnica de Cataluña e co-fundador de Slash Mobility, José Cortés.

O curso ten como destinatarios a aqueles profesionais das TIC (programadores, deseñadores, analistas, enxeñeiros informáticos, xefes de proxecto...) que desexen ampliar o seu coñecemento e habilidades nunha tecnoloxía tan emerxente e demandada como o de aplicacións para móbiles.

A acción formativa desenvolverase no Gran Hotel Santiago (Avenida Mestre Mateo 27) e o número de prazas dispoñibles será de 25. O prazo para a inscrición no curso remata o vindeiro 25 de febreiro.

PROGRAMA
O curso terá unha duración de 20 horas e contará con máis de 32 exemplos prácticos. Nunha primeira parte, realizarase unha introdución de todo o conxunto de tecnoloxías que forman Android para pasar, posteriormente, a analizar cada un dos seus compoñentes de xeito separado e como interactúan entre eles para desenvolver aplicacións.

Unha vez que o asistente teña unha visión de conxunto sobre os fundamentos esenciais de Android, mostraránselle aspectos como o xeito en que as aplicacións comunícanse entre si para, posteriormente, abordar o tema da seguridade, tanto no momento do desenvolvemento das aplicacións como na execución destas.

Para matricularse no curso requírese dos asistentes uns coñecementos mínimos en programación, concretamente en tecnoloxías JAVA e programación orientada a obxectos e coñecemento do IDE de desenvolvemento eclipse.

PRAZAS DISPOÑIBLES
O número de prazas dispoñibles para o curso é de 25, adxudicándose por orde de inscrición. Para formalizar a solicitude dunha praza haberá dúas opcións. Os colexiados poderán facer a súa inscrición online a través da páxina do CPETIG (http://www.cpetig.org) e o resto de usuarios non rexistrados (público xeral, estudantes ou compromisos de colexiación), deberán remitir a seguinte documentación para formalizar a súa matricula:

Formulario de inscrición. Dispoñible na web do CPETIG. Deberase enviar por e-mail acursomobilidade@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN CURSO MOBILIDADE ou por fax ao número 981 937 831.
Xustificante bancario do abono da matrícula.
No caso de ser beneficiario da matrícula reducida de estudante deberase enviar documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación terán de tempo ata a o momento do comenzo do curso para entregar a documentación de colexiación.

PREZOS
Grazas á xestión económica e aos acordos con provedores realizados polo CPETIG, os prezos da inscrición para colexiados serán moi inferiores aos de cursos semellantes existentes no mercado.

Os prezos da matrícula,será de 500 para asistentes ordinarios e 250 para estudantes de informática.O desconto para colexiados e precolexiados é nesta ocasión superior ao 80%, quedando a matrícula para eles en 90 euros. No caso dos colexiados que acrediten a condición de desempregados, terán un desconto adicional do 50%, polo que o importe será de so 45 euros.

Máis información no portal: http://www.cpetig.org