O Centro Demostrador TIC de Galicia acolle mañá unha Sesión Demostradora dunha Pizarra Interactiva Sen Sombra

Mércores 14 de Setembro de 2011

O Centro Demostrador TIC de Galicia acolle mañá unha Sesión Demostradora dunha Pizarra Interactiva Sen Sombra

O carácter innovador desta nova superficie de proxección ven dado porque que evita as sombras producidas pola persoa que está a utilizalo

As empresas, entidades ou persoas interesadas poden inscribirse vía web na ligazón http://cdtic.xunta.es/inscribir

O Centro Demostrador TIC de Galicia acolle mañá xoves, 15 de setembro, unha Sesión Demostradora da “Pizarra Interactiva Sen Sombra”, na que D. José J. Nimo Silva presentará aos asistentes unha nova Superficie de Proxección que permite un triple uso, o de pantalla convencional de proxección, o de pizarra para uso con rotuladores e a modalidade de pizarra Interactiva con dispositivos de Infravermellos ou ultrasóns.

O carácter innovador deste produto tecnolóxico ven dado porque evita as sombras producidas pola persoas que o está a empregar.

A sesión, que se celebrará de once da mañá a unha e media da tarde, contará coa participación do profesor da área de Radioloxía e Medicina Fisica da Universidade da Coruña Javier Pereira Loureiro en calidade de Caso de éxito, que compartirá cos asistentes a súa experiencia no uso desta pizarra. Por último, a sesión rematará coa exposición de contidos educativos por parte da empresa galega Galebook.

A demostración vai dirixida aos profesionais e directivos de Centros Educativos, centros de Educación Especial para Persoas con Discapacidade e Autoescolas, entre outros, que poderán probar de forma práctica este innovador produto tecnolóxico.

As empresas ou persoas interesadas poden inscribirse a través do portal web do Centro Demostrador TIC na ligazón http://cdtic.xunta.es/inscribir

CDTIC, escaparate tecnolóxico de Galicia
O Centro Demostrador TIC de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de red.es e a súa misión é ofrecer un espazo de encontro entre a oferta e a demanda tecnolóxica.

O CDTIC, ubicado no Centro de Novas Tecnoloxías da Consellería de Traballo e Benestar, ten como obxectivo facilitar ás empresas do sector tecnolóxico os medios para acercar a súa oferta de produtos ás empresas doutros sectores produtivos.

Para contribuír ao aliñamento da oferta de produtos e servizos TIC e a demanda tecnolóxica doutros sectores empresariais, o Centro organiza xornadas e demostracións de produtos TIC aos diferentes sectores produtivos As actividades do Centro están orientadas a facer máis competitivos os sectores estratéxicos de Galicia mediante as incorporacións das TIC aos seus modelos de negocio.