O bonos dixitais para colectivos vulnerables do Programa Estatal UNICO pódense solicitar ata o 15 de novembro

O prazo de solicitudes dos bonos dixitais para colectivos vulnerables do programa estatal UNICO permanece aberto ata o 15 de novembro. As axudas poden beneficiar a cerca de 5.600 persoas de unidades familiares identificadas como vulnerables, que sexan beneficiarias da RISGA ou do Ingreso Mínimo Vital ou que acrediten ausencia ou déficit grave de recursos económicos.
O bonos dixitais posibilitan unha minoración mensual de ata 20 euros nas novas contratacións de servizos de internet de banda larga de, cando menos, 30 Mbps, durante un prazo de 12 meses, ata un máximo de 240 euros.
Tamén se poderán empregar os bonos para a mellora da velocidade dos servizos de internet xa contratados polas familias, sempre e cando o servizo actual sexa de menos de 30Mbps. O prazo para a presentación das solicitudes remata o 15 de novembro de 2023.
Segunda convocatoria
Esta é a segunda convocatoria destas axudas, que conta cun orzamento de 1,34 millóns de euros, que forman parte dos fondos que o Goberno de España transfire a Galicia no marco do compoñente 15 Galicia do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea.
O bono social forma parte das iniciativas enmarcase no programa Único, que compromete ao Estado a acadar o obxectivo europeo de que o 100% da poboación teña acceso a servizos de banda larga de polo menos 100 Mbps en 2025.