O aforro de custes enerxéticos a través das TIC centra a xornada que se celebrará no Centro Demostrador TIC o xoves 6 de xuño
O provedor tecnolóxico galego, Cie Tecnologías, explicará como acadar unha xestión eficiente da enerxía a través da súa plataforma tecnolóxica baseada nun entorno Cloud
A sesión vai dirixida tanto a medianas e grandes empresas, como a organismos públicos
As empresas, entidades ou persoas interesadas poden inscribirse vía web na ligazón http://cdtic.xunta.es/xestion_enerxetica
O vindeiro mércores 6 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00 horas, terá lugar no Centro Demostrador TIC (CDTIC) a xornada “Redución de custos mediante a implantación de sistemas de xestión enerxética”, organizada pola empresa Cie Tecnologías. Nesta sesión os asistentes poderán coñecer ferramentas tecnolóxicas para a xestión enerxética dos seus centros de traballo.
A aplicación das Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC) para reducir o consumo enerxético, ten como potencial vantaxe que as organizacións podan acadar unha maior eficiencia económica debido á redución de custes enerxéticos, a obtención de incentivos fiscais e a optimización das súas operacións.
Durante a sesión participarán expertos nos sistemas de xestión enerxética a través do uso das TIC que exporán como reducir custos enerxéticos, así como, os pasos a realizar para acadar unha xestión eficiente da enerxía e realizarán un análise das variables Capex, Opex e ROI á hora de afrontar un proxecto de implantación dun sistema de eficiencia enerxética. A actividade rematará cun exemplo práctico dun caso real no uso da plataforma de xestión enerxética de CIE Tecnologías, baseada nun entorno Cloud, para a xestión enerxética das instalacións do cliente.
A sesión vai dirixida tanto a medianas e grandes empresas, como a organismos públicos. A asistencia é de balde, condicionada ao aforo da sala e previa inscrición en liña na web do Centro Demostrador TIC:http://cdtic.xunta.es/xestion_enerxetica.
Empresa especializada en sistemas de comunicacións
Cie Tecnologías (www.cietecnologias.es) é unha empresa galega de servizos TIC con máis de 20 anos de experiencia no sector, aportando valor engadido ao deseño e implantación de todo tipo de sistemas de redes e comunicacións. Dentro das áreas de negocio da empresa destacan ás infraestruturas físicas (Datacenters, Sistemas de control e acceso, ...), comunicacións unificadas (VoIP, electrónica de rede, sistemas de seguridade, ...) e servizos de enxeñería, soporte e mantemento.
Centro Demostrador TIC
O CDTIC, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ten como obxectivo facilitar ás empresas do sector tecnolóxico os medios para achegar a súa oferta de produtos ás empresas doutros sectores produtivos. O Centro constitúe un punto de encontro entre a oferta TIC e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego.
Deste xeito, as empresas TIC poderán desenvolver solucións innovadoras adaptadas ás necesidades de mercado de empresas doutros sectores produtivos, que coñecerán os produtos TIC máis adecuados para optimizar os seus negocios e terán a oportunidade de trasladarlles demandas concretas ás empresas do ámbito tecnolóxico.
O Centro Demostrador TIC de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de red.es e a súa misión é ofrecer un espazo de encontro entre a oferta e a demanda tecnolóxica.