No último mes un total de 1.200 usuarios utilizaron a aplicación ReDe para consultar a cobertura do plan de banda larga na súa poboación

Sábado 19 de Febreiro de 2011

No último mes un total de 1.200 usuarios utilizaron a aplicación ReDe para consultar a cobertura do plan de banda larga na súa poboación

O obxectivo do Rexistro de Demandantes é manter informados aos cidadáns dos avances do Plan no seu núcleo

ReDe é unha ferramenta visual e accesible para calquera perfil

Pódese acceder a través da páxina da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica http://imit.xunta.es

Desde a súa posta en marcha o pasado 10 de xaneiro e ata o pasado día 15 de febreiro, un total de 1.200 usuarios consultaron a situación do Plan de Banda Larga no seu núcleo de poboación a través do Rexistro de Demandantes ReDe. Esta aplicación informática está dispoñible na páxina da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica http://imit.xunta.es.

Neste primeiro mes de entrada en funcionamento 200 usuarios sen cobertura realzaron outros tantos rexistros de demanda. Esta é unha opción que ofrece ReDe para aquelas persoas sen acceso á Internet que poden cubrir un formulario cos seus datos quedando rexistrada a súa demanda. Esta información permite realizar un seguimento do plan e contribuír á planificación das actuacións previstas no Plan.

Ferramenta de fácil manexo
ReDe é unha ferramenta de consulta sinxela e de fácil manexo que proporciona información sobre a cobertura de banda larga acadada coas actuacións do Plan Banda Larga 2010-2013 que está a desenvolver a Xunta de Galicia. O obxectivo de ReDe é manter informados aos cidadáns dos avances do Plan a través dunha aplicación visual e accesible para calquera perfil.

O usuario interesado en coñecer os avances do Plan na súa zona a través de ReDe só precisa un ordenador con conexión a Internet e un navegador web. Na dirección http://imit.xunta.es atopa un enlace para acceder a Rede e xa na páxina principal o usuario pode elixir a súa provincia, concello, parroquia e núcleo.

Unha vez seleccionado o núcleo o usuario visualiza un mapa no que se indica a situación actual de cobertura na zona que está a proporcionar o Plan de Banda Larga e cal dos operadores é o responsable do despregamento. No caso de que as actuacións do Plan, que se prolongarán ata 2013, no chegaran á zona se informa de cando se porán en marcha. Os usuarios sen cobertura poderán cubrir un formulario cos seus datos que permitirá realizar un seguimento do plan e contribuirá á planificación das actuacións previstas no plan.

Actualización de datos
Actualmente, están postas en marcha a maioría das accións previstas no Plan que permitiron facilitar no 2010 o acceso á Internet a 250.000 galegos que carecían de cobertura, reducindo nun terzo a poboación da Comunidade que non dispoñía de acceso á Rede.

Estas actuacións continuarán ata o 2013 ata chegar ao 100% da poboación. Por iso, a información de ReDe irase actualizando a medida que avance o despregamento das actuacións do Plan de Banda Larga.