Mar Pereira destaca que o 79% do orzamento da Amtega no 2013 se centra no investimento en iniciativas de innovación tecnolóxica e de inclusión dixital da sociedade

Martes 15 de Xaneiro de 2013

Mar Pereira destaca que o 79% do orzamento da Amtega no 2013 se centra no investimento en iniciativas de innovación tecnolóxica e de inclusión dixital da sociedade

Destinaranse 15 millóns de euros a proxectos TIC que permitan mellorar áreas de importancia estratéxica para Galicia como o sector agropecuario, o ámbito do benestar e dos servizos sociais, e aqueles de especial importancia na coxuntura actual como a busca de emprego

A creación da Amtega e o arranque do Centro de Proceso de Datos Integral en 2012 permitirán abordar estas iniciativas reducindo o gasto a través dun modelo de xestión integrada das TIC

A Xunta está impulsar a compartición de de recursos, sistemas e infraestruturas tecnolóxicas entre Administracións para aforrar custes e prestar uns servizos dixitais de calidade a cidadáns e empresas

O emprego do software libre en iniciativas como Abalar, a Rede CeMIT e noutras para o impulso da Administración electrónica permitiu á Xunta un aforro de 2,5 millóns de euros no período 2010-2011

O 79% do orzamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no 2013 investiranse en iniciativas de innovación tecnolóxica e inclusión dixital da sociedade co obxectivo de contribuír ao progreso económico e social da Comunidade.

Para a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, este esforzo inversor nun momento de difíciles priorizacións e importantes renuncias, pon de manifesto a aposta do Goberno galego polo desenvolvemento dixital de Galicia e a innovación tecnolóxica nos sectores estratéxicos, obxectivos recollidos na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal.

E neste sentido sinalou que en 2012 se acadaron dou fitos clave dous fitos clave para para impulsar as medidas recollidas na estratexia tecnolóxica da Xunta: a creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica e o arranque do Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI).

Ambas iniciativas marcan un punto de inflexión na política tecnolóxica da Xunta apostando por un modelo de xestión integrada das TIC. Unha vez consolidadas permitirán aforrar ás arcas públicas 20 millóns de euros anuais grazas á centralización das compras en materia tecnolóxica, á redución da estrutura organizativa e a consolidación do CPDI como infraestrutura tecnolóxica de altas prestacións que dará servizo non só a Administración autonómica senón tamén ao resto das Administracións públicas.

15M€ en iniciativas TIC en áreas estratéxicas e principais sectores produtivos
A creación da Amtega e posta en marcha do CPDI son, segundo destacou Mar Pereira, dous piares da Axenda Dixital de Galicia que permitirán abordar nesta lexislatura iniciativas tecnolóxicas de impacto nos principais sectores produtivos galegos e nas áreas estratéxicas das consellerías recentemente integradas na Axencia. Un conxunto de iniciativas ás que se destinará un orzamento de 15 millóns de euros en 2013.

Entre estas iniciativas a directora da Amtega avanzou que se abordará un Plan de Modernización dos Servizos Sociais, así como medidas para a mellora, a través das TIC, das políticas activas de emprego e que se elaborará un Plan de Modernización del transporte público.

A responsable de Modernización avanzou tamén o desenvolvemento de iniciativas s tecnolóxicas de envergadura nos principais sectores produtivos e nos sectores primarios como a potenciación da xestión telemática no sector agrogandeiro, o impulso a Plataforma de xestión de servizos para o sector da pesca e do mar, a creación do Plataforma para a xestión integral dos recursos forestais, a posta en marcha da Plataforma de Turismo Dixital ou o plan de impulso ao fogar sociosanitario.

Colaboración entre administracións
Entre as medidas para acadar unha Administración máis eficiente a directora da Amtega fixo fincapé na necesidade de promover o uso e a compartición de recursos, sistemas e infraestruturas entre Administracións para reducir custes, evitando a duplicidade de investimentos e garantindo os mesmos niveis de calidade na prestación dos servizos a cidadáns.

Por iso, a Xunta porá a disposición de todos os concellos galegos un catálogo de servizos dixitais tanto para o desenvolvemento interno da eAdministración como para ampliar e mellorar o servizos que se presta as cidadáns e empresas.

O CPDI permitirá a interoperabilidade entre as administracións públicas galegas e destas coa Administración xeral do estado evitando que o cidadán teña que presentar aquela documentación que xa obra en poder das Administracións.

Emprego do Software libre
Durante a súa intervención Mar Pereira destacou a importancia do Plan de Software libre da Xunta como unha das medidas para aumentar a eficiencia do investimento público en tecnoloxía. A directora da Amtega recordou que o emprego do software libre en iniciativas como Abalar, a Rede CeMIT e noutras para o impulso da Administración electrónica permitiu un aforro de 2,5 millóns de euros no período 2010-2011.