Máis de mil trescentas persoas participaron nas primeiras actividades do Programa Multimedia e Audiovisual do Plan de Dinamización 2012 da Rede CeMIT

Sábado 01 de Setembro de 2012

Máis de mil trescentas persoas participaron nas primeiras actividades do Programa Multimedia e Audiovisual do Plan de Dinamización 2012 da Rede CeMIT

O vindeiro 10 de setembro reanúndanse as actividades deste Programa cun curso sobre Streaming de audio e vídeo e outro sobre o papel do Community Manager

Os interesados poden aínda reservar a súa praza nalgunha das aulas da Rede CeMIT a través da web http://aulascemit.xunta.es/inscripcion ou do teléfono 981 552 568

A Rede CeMIT ten como obxectivo facilitar o acceso igualitario da cidadanía á formación Dixital

As aulas CeMIT de corenta e oito concellos galegos acolleron do 7 de maio ao 25 de xuño catro microactividades relacionadas co sector multimedia e audiovisual nas que participaron un total de mil trescentas dezaoito persoas. As actividades, que eran de carácter gratuíto, formaban parte do Programa de Dinamización 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT).

Este tipo de actividades, que combinan a modalidade presencial e on-line, continuarán a partir do 10 de setembro con temáticas relacionadas co sector multimedia e audiovisual. Así, do 10 ao 13 de setembro desenvolverase un curso sobre streaming de audio e vídeo de 15 horas centrado nas diferentes tecnoloxías para a xeración de contidos para streaming; e do 24 ao 27 de setembro, levarase a cabo unha actividade tamén de 15 horas sobre o papel do Community Manager e as ferramentas a empregar no seu día a día.

Para o desenvolvemento de ambas actividades empregarase o sistema de videoconferencia e videocolaboración das aulas CeMIT o que permitirá desenvolver as mesmas en formato presencial e telepresencial.

Os interesados poden reservar aínda a súa praza nalgunhas da aulas CeMIT que a Rede ten distribuídas por toda Galicia a través da web http://aulascemit.xunta.es /inscripcion ou o número de teléfono 981 552 568. O Programa de Formación da Rede CeMIT atópase cofinanciado polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013.

A Rede CeMIT, está integrada por 98 aulas presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información. A localización das aulas e os contidos do Plan de Dinamización están dispoñibles non enlace http:// aulascemit.xunta.es/inscripcion.