Máis de 800 familias e empresas de toda Galicia solicitaron as axudas da Xunta para acceder a Internet vía satélite

Domingo 13 de Outubro de 2013

Máis de 800 familias e empresas de toda Galicia solicitaron as axudas da Xunta para acceder a Internet vía satélite

A práctica totalidade dos solicitantes contrataron servizos de 20 megas de velocidade

Aos beneficiarios sufráganselle con ata 150 euros os gastos de instalación e o equipamento no interior das vivendas ou empresas (router wifi, etc) e a alta de liña e o primeiro mes son gratuítos

É a segunda convocatoria do programa de axudas do Plan de Banda Larga para o acceso a Internet das zonas con máis dificultades de cobertura

Lugo e A Coruña concentraron o maior número de solicitudes e en Ourense e Pontevedra incrementáronse máis dun 40% respecto a 2012

Un total de 858 familias e empresas solicitaron en dous meses ás axudas da Xunta para contratar o servizo de conexión a internet vía satélite. Esta actuación corresponde a última liña do Plan de Banda Larga da Xunta e está destinada ás zonas da Comunidade máis illadas, dispersas e de orografía complicada, onde o acceso a Internet só é posible a través desta tecnoloxía.

Estas axudas, das que xa se beneficiaron 700 familias e pemes en 2012, terán unha terceira  convocatoria en 2014. O orzamento total deste programa supera o millón de euros e se puxo en marcha grazas a un acordo asinado a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Medio Rural e do Mar, que a través de Agader, achega o importe total das axudas euros no período 2012-2014.

Beneficiarios e importe das axudas

Os beneficiarios destas subvencións son familias e empresas con enderezo en Galicia que non poidan dispor de acceso de banda larga, de cando menos 2Mbps, mediante outra tecnoloxía.

Aos solicitantes sufráganselles os gastos de instalación e o custo do equipamento do interior da vivenda ou empresa preciso para distribuír o sinal de banda larga, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses. A alta de liña e o importe da tarifa do primeiro mes é gratuíto para os beneficiarios. A práctica totalidade dos dos beneficiarios solicitaron servizos de internet de 20 Mbps.

Zonas con maior demanda

Das 858 solicitudes realizadas, a maioría (286) corresponden a concellos de Lugo, 276 foron realizadas desde municipios da provincia de Coruña, 152 desde Ourense e outras 144 desde Pontevedra.

As zonas con maior demanda concéntrase nas comarcas de Lugo, a Terra Chá na provincia de Lugo, nas de Ferrol e A Coruña  na provincia da Coruña,  na provincia de Ourense, no concello da capital e en Pontevedra, nas comarcas do Deza e Vigo.

Xúntase mapa coa distribución de solicitudes por concellos.