Máis de 1.400 persoas inscritas nas listaxes de seis categorías sanitarias poden consultar xa a súa admisión no expedient-e
As próximas listas a convocar para contratación temporal, a través do Expedient-e, serán para as categorías de cociñeiro, pinche e técnico superior e especialista de tecnoloxías e sistemas da información
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se da publicidade as listaxes provisionais de admitidos e excluídos nas seguintes categorías sanitarias:
|
Nome da categoría
|
|
Persoal Médico de Familia
|
|
Persoal Médico de Urxencias Sanitarias
|
|
Pediatra de Atención Primaria
|
|
Médica/o Coordinador/a do 061
|
|
Médica/o Asistencial do 061
|
|
Médica Especialista/o en Medicina do Traballo
|
As máis de 1.400 persoas inscritas poden ver os resultados a través do novo sistema do Expediente electrónico do profesional. Ademais, grazas a esta ferramenta poden consultar as causas de exclusión, a documentación declarada co estado de incompleta (DI), así como erros materiais en que incorresen as persoas aspirantes que poderán ser emendados no prazo de 10 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, procederase á publicación dunha lista definitiva de excluídos e admitidos co resultado de baremación aplicada a estes últimos. Todas aquelas persoas que non aparecen na relación de admitidos e excluídos débese a que a súa inserción se formalizou con posterioridade ao día 14 de xullo de 2012, polo que sairán na seguinte xeración de lista.
En total, inscribíronse 808 persoas na categoría de médico de familia; 303 na de médico de urxencias sanitarias; 119 na de médico asistencial do 061; 102 na de médico coordinador do 061; 45 na de pediatra de atención primaria; e 24 na de especialista en medicina do traballo.
Próxima convocatoria
As próximas listas a convocar para contratación temporal, a través do Expedient-e, serán para as categorías de cociñeiro, pinche, técnico superior e especialista de tecnoloxías e sistemas da información, e técnico de xestión de tecnoloxías e sistemas de información.
Todo o persoal que traballa no sistema sanitario público galego poderá ver a súa vida profesional a través do Expedient-e, participar nos procesos e consultar os resultados. Asemade, nos centros sanitarios e direccións provinciais están habilitados puntos de información.