Día mundial do novo protocolo de internet IPv6
O CESGA xunto cos servizos de rede das tres Universidades Galegas (UDC, USC e UVIGO) fan unha chamada a todolos internautas galegos para que se sumen as probas que se celebrarán durante esta xornada. Estas probas permitirán coñecer o en que medida usuarios e operadoras en Galicia están preparadas para a nova Internet.
Sobre o Día Mundial IPv6
As direccións de Internet IPv4 dispoñibles se acaban.As grandes empresas de Internet están empezando a moverse e declararon o vindeiro 8 de xuño de 2011 como World IPv6 Day.
Ese día, moitas das compañías máis importantes da Rede, como Google, Facebook, Yahoo! o Akamai realizarán unha proba de 24 horas con todos os seus sistemas funcionando sobre a nueva versión do Protocolo de Internet (a IPv6).
A Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia preparada para IPv6
En Galicia, a Rede de Ciencia e Tecnoloxía xestionada polo CESGA, innova e adiantase aos avances dos grandes da industria. Así, hai xa máis de sete anos que esta rede está preparada para o novo protocolo. A Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia da servizo ao Sistema Universitario e aos centros tecnolóxicos e de investigación na nosa comunidade.
As universidades galegas, preparadas para o futuro
Os servizos de rede das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo traballando conxuntamente co CESGA veñen de preparar as suas redes para IPv6.
REALICE O TEST IPv6 e axudenos a avaliar cómo de preparados están as operadoras e usuarios en Galicia. Non lle levará máis de 3 minutos.
Visita http://www.cesga.es/ipv6/index.php?lang=gl, pasa o test preparado por ISOC-ES aloxado no CESGA e axúdanos a comprobar se Galicia está preparada para este cambio na Rede de Redes.
CESGA, sede social do Capitulo Español da Internet Society (ISOC-ES), e xestor da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia convida a tódolos usuarios de Internet a participar nas probas que permitirán comprobar se os ISPs, as empresas e os usuarios estamos realmente preparados para a transición. Non estar preparado pode querer dicir que non poderemos acceder a servizos en Internet. Se queremos adiantarnos a ese día e verificar as nosas conexións, podemos facelo grazas ao test onlinepreparado pola Internet Society.
As Universidades galegas poñen a disposición de tódolos internautas salas nas que probar a experiencia IPv6.
- Na UDC:
Aula 0.1 de la Facultade de Economía e Empresa, no campus de Elviña acceso ao aula é libre. En caso de problemas deben dirixirse ao Área de Rede e Comunicacións no Servizo de Informática e Comunicacións (8 a 15h).
Adicionalmente na UDC contan con soporte Eduroam IPv6 nativo.
- Na USC:
Aula 2 da Facultade de Dereito no Campus de Santiago.
Aula Universia, edificio Intercentros no Campus de Lugo.
Son aulas de acceso libre polo que están abertas no horario dos centros de 8:00 a 22:00 horas. No caso de necesitar atención poden preguntar aos bolseiros das aulas. Os técnicos da zona estarán pendentes no seguinte horario: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.
- Na UVIGO:
Aula de libre acceso da Bibliteca Central, os datos están en:
http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/atic/datos/aulas/
En caso de problemas terían que dirixirse aos bolseiros responsables da sala (de 10 a 19h).
Adicionalmente na UVIGO contan con soporte Eduroam IPv6 nativo.
A realización das probas conta coa colaboración de:
Centro de Supercomputación de Galicia
Capitulo Español de Internet Society
Servizo de Rede da Universidade da Coruña
Servizo de Rede da Universidade de Santiago de Compostela
Servizo de Rede da Universidade de Vigo
Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnológica
Consellaría de Presidencia, Xunta de Galicia
Colexio Profesional de Enseñaría en Informática de Galicia
Consulintel, The IPv6 Company