Comenzan as primeiras probas no punto de acceso á tecnoloxía 4g posto en marcha por Telefónica e a Xunta de Galicia no Centro Demostrador TIC

Venres 12 de Outubro de 2012

Comenzan as primeiras probas no punto de acceso á tecnoloxía 4g posto en marcha por Telefónica e a Xunta de Galicia no Centro Demostrador TIC

O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) é primeira entidade en facer uso desta tecnoloxía e o resultado foi un éxito xa que logrou validar todos os desenvolvementos i+D realizados ata a data

É un dos primeiros puntos de acceso LTE de España e posibilita velocidades de hasta 100 Mbps de baixada e 42 Mbps de subida

O obxectivo deste piloto é posibilitar que empresas do sector TIC galego poidan probar os seus desenvolvementos coa tecnoloxía más avanzada do mundo en banda larga móbil

O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) levou a cabo esta semana en colaboración coa Xunta, Telefónica e Alcatel-Lucent, unha serie de medicións de sinais LTE (Long Term Evolution), comunmente coñecida como 4 G, no Centro Demostrador TIC situado no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia de Santiago de Compostela.

O primeiro punto de acceso galego á tecnoloxía LTE entrou en funcionamento o pasado mes de xullo grazas á colaboración entre Telefónica e a Xunta de Galicia no marco dos compromisos adquiridos polo operador dentro do Plan de Banda Larga.

O obxectivo deste piloto é posibilitar que empresas do sector TIC galego poidan probar os seus desenvolvementos coa tecnoloxía más avanzada do mundo en banda larga móbil.

Gradiant foi primeira entidade en facer uso desta tecnoloxía e o resultado foi un éxito xa que logrou validar todos os desenvolvementos realizados ata a data, algúns deles en colaboración con empresas galegas no marco do proxecto Wimove. O principal obxectivo da proba foi a captura de sinais LTE de Telefónica en ámbitos reais para avaliar o correcto funcionamento dos últimos traballos realizados por Gradiant neste campo.

Un dos primeiros pilotos de España
O Centro Demostrador TIC alberga, dende xullo do 2012, un dos primeiros despregamentos piloto de tecnoloxía 4 G de España, grazas a colaboración entre Telefónica e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Este "laboratorio tecnolóxico" de 4 G, un dos primeiros a nivel estatal, supón un excelente escenario sobre o cal as empresas do sector TIC galego poderán levar a cabo demostracións e probas dos seus desenvolvementos. Trátase do primeiro punto de acceso 4 GR dispoñible de xeito permanente en Galicia, previo a un futuro despregamento territorial de Telefónica, aínda que polo momento, se limitará, como en Madrid e Barcelona, a este ámbito empresarial.

Neste sentido, Gradiant converteuse na primeira organización galega que fixo uso desta infraestrutura dispoñible no Centro Demostrador TIC, a cal polas súas características, converte a este Centro nun de máis avanzados a nivel nacional para a investigación da telefonía móbil de última xeración.

A implantación do LTE en Santiago forma parte dos compromisos adquiridos por Telefónica coa Xunta dentro das actuacións do Plan de Banda Larga que a Axencia dirixida por Mar Pereira está a executar para levar Internet a zonas orográficamente complexas do rural galego, e do que se beneficiarán 250.000 persoas residentes en 11.350 pequenos núcleos de poboación.

Tecnoloxía de vangarda
Entre as capacidades das futuras redes móbiles LTE de Telefónica, están as de ofrecer novos servizos multimedia, destacando a innovación da rede de Santiago como unha das máis avanzadas no mundo.

Grazas ao incremento de velocidade, a simplificación da arquitectura e a mingua dos tempos de resposta que proporciona esta tecnoloxía, poderase acceder máis rapidamente a vídeos HD en streaming, gozar en mobilidade de servizos en tempo real que requiran dunha interacción constante -como poden ser xogos e programas que requiran de alta resolución gráfica aloxados na nube- e realizar videoconferencias con experiencias visuais melloradas, ademais de extraer o máximo rendemento ás solucións de cloud computing ou realidade aumentada no ámbito da educación, a saúde ou a publicidade. Unha tecnoloxía, tamén, que ao manexar de forma máis excelente o espectro radioeléctrico permitirá que máis usuarios poidan conectarse de forma simultánea ás diferentes redes.