Bravo Bosch amosa o compromiso da Xunta coa investigación, formación e coñecemento na sua visita ao Instituto Español de Oceanografía
A delegada territorial da Xunta en Vigo mantivo unha primeira reunión institucional co director do Centro Oceanográfico de Vigo, Valentín Trujillo, com quen coñeceu as instalacións que o Instituto Español de Oceanografía ten en Cabo Estai, na zona de Canido
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá unha primeira visita institucional ao Centro Oceanográfico de Vigo onde, acompañada do seu director, Valentín Trujillo, coñeceu as instalacións que o Instituto Español de Oceanografía ten en Cabo Estai, na zona de Canido.
Bravo Bosch tivo así unha toma de contacto directa co día a día do Centro ademais de coñecer os proxectos que desenrolan en materia de investigación e innovación mariña.
En declaracións aos medios de comunicación, a delegada territorial resaltou o recoñecemento do centro coma Vigués Distinguido dende o ano 2007 ademais de explicar o seu interese por coñecer as instalacións e os proxectos que desenrolan. Así, amosou o seu claro apoio e o compromiso do Goberno galego coa ciencia e a investigacion. "A pesares do momento de crise, a Xunta segue a apostar pola investigación, formación e desenrolo do coñecemento", dixo Bravo Bosch, facendo referencia ao Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015, que prevé un investimento de 1.200 millóns de euros co obxectivo de incrementar a competitividade e benestar na Comunidade Autónoma.
Con todo, Bravo Bosch destacou a importancia de que a Xunta teña relacións co IEO a través de distintos convenios, poñendo coma exemplo o rubricado co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) para a cooperación científico-técnica en investigación mariña e, citando a Pasteur, considerou a ciencia e a investigación coma unha das fórmulas para camiñar cara ao progreso. "A ciencia axuda a superar todo tipo de dificultades e a incrementar o poder dunha nación", sinalou. E neste senso, non se esqueceu do apoio e aposta do Goberno galego polo proxecto do Campus do Mar nas instalacións da ETEA.