As aulas da rede CeMIT complementan o seu programa formativo con 40 novas iniciativas impulsadas polos responsables das aulas

Domingo 23 de Setembro de 2012

As aulas da rede CeMIT complementan o seu programa formativo con 40 novas iniciativas impulsadas polos responsables das aulas

Ferramentas TIC para o ocio, xeoposicionamiento a través de GPS e unha gymkhana tecnolóxica baseada en códigos QR, son algunhas das novas actividades que ofrecerán as Aulas da Rede de Centros CeMIT

En colaboración co Instituto Galego de Consumo, ás aulas CeMIT terán acceso ao simulador telemático de compras desenvolvido por esta entidade

Os axentes TIC e o voluntarios dixitais que colaboran coas aulas da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CEMIT) veñen traballando nun Plan de Acción complementar o Plan Formativo da Rede, impulsando novas actividades orientadas ás expectativas e intereses dos usuarios locais de cada aula.

Os primeiros resultados deste plan son 40 novas actividades das que se beneficiarán arredor de 500 persoas. Entre as novas iniciativas que se están a planificar destacan actividades como o geocaching, ou a celebración dunha gymkhana tecnolóxica baseada en códigos QR, a capacitación para o uso de aplicacións de geoposicionamiento ou a elaboración de materiais e recursos didácticos adaptados ás necesidades das Aulas.

Tamén se está a traballar nun concurso para o deseño do logotipo da Aula (que será utilizado como imaxe do mesmo para a promoción dos servizos e actividades que dende esta se realicen); a creación dunha revista dixital,; na elaboración de documentos dixitais (álbums de fotos, vídeos) para a recuperación de oficios e tradicións, a elaboración de Blogs ou a posta en marcha dun 'Campamento TIC', que dirixido neste caso aos máis pequenos do concello, permitía mostrar as riquezas e valor cultural dun pobo.

Ademais, as aulas terán dispoñibles o novo simulador de compras, unha ferramenta pedagóxica do Instituto Galego de Consumo que permite practicar un acto cada vez máis habitual como é a xestión telemática dunha compra, simulando a adquisición dun ben ou a contratación dun servizo.

Formación de Axentes e voluntarios
O desenvolvemento do Plan de Acción, leva consigo tamén a capacitación e o intercambio de coñecemento entre os responsables da súa posta en marcha: voluntariado axentes e dinamizadores das Aula dá Rede CeMIT. E con ese obxectivo se celebrou o pasado venres en Santiago a III xornada de traballo do proxecto “Estratexias de Dinamización das aulas da Rede CeMIT”, promovido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Rede CeMIT
A Rede CeMIT está integrada por 98 aulas presentes en 92 concellos e 53 comarcas. Impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos galegos, botou a andar en marzo do 2011 co obxectivo de integrar e fomentar o uso das TIC na sociedade galega como medio para o impulso do emprego e a competitividade empresarial.