As aulas CeMIT de vinte concellos galegos participan dende o vindeiro luns nunha actividade sobre streaming de audio e vídeo a través de videoconferencia
O vindeiro 10 de setembro reanúdanse as actividades do Programa Multimedia e Audiovisual do Plan de Dinamización 2012 da Rede CeMIT cunha actividade sobre Streaming de audio e vídeo
A Rede CeMIT ten como obxectivo facilitar o acceso igualitario da cidadanía á formación Dixital
As aulas CeMIT de vinte concellos galegos acollen dende o vindeiro luns unha actividade de 15 horas, que se desenvolverá a través de videoconferencia, sobre as técnicas do streaming de audio e vídeo. O curso, de carácter gratuíto, forma parte do Programa de Dinamización 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT).
Este tipo de actividades, que combinan a modalidade presencial e on-line, continuarán ata o mes de decembro con temáticas relacionadas co sector multimedia e audiovisual. Así, do 24 ao 27 de setembro, levarase a cabo unha actividade tamén de 15 horas sobre o papel do Community Manager e as ferramentas a empregar no seu traballo diario; e do 1 de outubro ao 15 de novembro un curso sobre produción audiovisual de 60 horas no que se viaxará por todas as fases polas que pasa calquera produto audiovisual.
Para o desenvolvemento de ambas actividades empregarase o sistema de videoconferencia e videocolaboración das aulas CeMIT o que permitirá desenvolver as mesmas en formato presencial e telepresencial.
Os interesados poden reservar aínda a súa praza nalgunhas da aulas CeMIT que a Rede ten distribuídas por toda Galicia a través da web http://aulascemit.xunta.es /inscripcion ou o número de teléfono 981 552 568. O Programa de Formación da Rede CeMIT atópase cofinanciado polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013.
A Rede CeMIT, está integrada por 98 aulas presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información. A localización das aulas e os contidos do Plan de Dinamización están dispoñibles non enlace http:// aulascemit.xunta.es/inscripcion.