A Xunta solicítalle a fomento que toma as medidas necesarias para que o ave Santiago-A Coruña teña cobertura móbil
O goberno central non incluíu este traxecto no proxecto de cobertura integral de móbiles do trazado do AVE
Fomento non dotou o tramo da infraestrutura necesaria para que os operadores poidan ofrecer un servizo de móbil integral
A Xunta solicitoulle por escrito ao Ministerio de Fomento que tome as medidas oportunas para que os operadores poidan ofrecer cobertura móbil no tramo do AVE Santiago-A Coruña, que se inaugurou esta fin de semana, tendo en conta que nalgún dos seus tramos non existe cobertura.
O tramo Santiago-A Coruña non entrou no proxecto de cobertura integral de móbiles do trazado do AVE, xa que Fomento non o incluíu nos traxectos aos que dota coa infraestrutura necesaria para cobertura móbil.
A Administración autonómica trasladoulle ao Ministerio de Fomento a preocupación da Xunta de Galicia e dos operadores de telecomunicacións ante as dificultades de ofrecer unha cobertura móbil de calidade no tramo do AVE Santiago-A Coruña e lle solicita que se tomen as medidas necesarias para que dispoñer de cobertura móbil integral en todo o traxecto do AVE en Galicia.
A Xunta de Galicia considera un tema de vital importancia para os galegos poder dispoñer deste servizo e máis cando estamos a falar das comunicacións do futuro.