A Xunta reúne nunha xornada 13 exemplos de boas prácticas de responsabilidade social empresarial do sector tecnolóxico en Galicia
Máis dunha ducia de empresas TIC exporán mañá en Santiago casos de éxito en diferentes ámbitos da RSE, nun encontro organizado pola Amtega e a Consellería de Traballo e Benestar
Os interesados en asistir pódense inscribir de balde a través do mail voluntariadodixital@xunta.es
Divulgar os beneficios e vantaxes da Responsabilidade Social Empresarial no eido específico das empresas tecnolóxicas é o obxectivo da Xornada que se celebra mañá no Edificio CINC da Cidade da Cultura. O encontro organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar reúne a 13 empresas TIC que exporán casos reais de boas prácticos en diferentes ámbitos da RSE
Baixo o título “Exemplos de boas prácticas de Responsabilidade Social Empresarial no sector TIC galego”, a xornada estrutúrase en tres mesas temáticas. A primeira delas exporá solucións ou produtos TIC orientadas ao eido da saúde, o benestar ou o envellecemento activo, cos casos concretos de Imaxdi, Bahía Software e Wireless Galicia.
Na mesa de boas prácticas para mellorar o lugar de traballo, Instra Ingenieros, Everis, e Igalia darán conta das medidas que desenvolveron para medidas pra conciliar a vida laboral e familiar, promover a igualdade de oportunidades, mellorar a comunicación interna e facilitar a formación do seu persoal.
A terceira mesa abordará as boas prácticas con impacto na comunidade da man de Iterdata, Balidea e Abertal, que exporán iniciativas como o voluntariado corporativo, outras que favorecen a integración social ou laboral a nivel local, doazóns en metálico ou especies a institucións sociais...
A cuarta e última mesa de mañá analizará casos integrais de boas prácticas coas empresas Ednon, R e Tecnocom, como exemplos de entidades que integran a RSE de forma transversal en todas as funcións de negocio.
Os interesados en asistir a xornada poden inscribirse de balde enviando un correo electrónico á direcciónvoluntariadodixital@xunta.es e poden acceder ao programa da a través de :https://voluntariadodixital.xunta.es/sites/default/files/pdf-inline/PDF/recursos/Programa%20RSE-TIC.pdf
Colaboración as principais asociacións do sector
A xornada conta coa colaboracións das principais asociacións empresariais do sector TIC en Galicia, a Asociación galega de Empresas de Software Libre AGASOL, a Asociación Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación, AGESTIC, a Asociación de Empresas Galegas dedicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías EGANET, e o Clúster TIC cuxos máximos representantes moderarán as mesas de debate.