A Xunta realiza o cambio de frecuencia necesario para que preto de 500 veciños de Crecente reciban con maior calidade o sinal das televisións de ámbito autonómico
Os cidadáns deberán resintonizar os seus receptores de TDT
A Xunta de Galicia realizou hoxe as melloras técnicas necesarias para que preto de 500 veciños do concello pontevedrés de Crecente reciban con maior calidade o sinal das televisións de ámbito autonómico. Por mor dos axustes operados no concello de Crecente, durante o día de hoxe se procedeu ao cambio da frecuencia de emisión do múltiple autonómico á canle 40, que afecta ás cadeas TVG, TVG2 e V Televisión.
Este proceso afectará exclusivamente aos veciños de 23 aldeas, situadas nas parroquias de Crecente, Vilar e Albeos (que figuran na relación adxunta), que deberán resintonizar os seus aparellos receptores de TDT.
Para poder recibir correctamente as canles que ofrece a TDT, os interesados deben:
1.- En primeiro lugar, dispoñer da cobertura deste centro, podendo confirmar tanto o centro correspondente a cada zona como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154-, ou na web da Oficina Técnica da TDT – www.tdtgalicia.es-.
2.- Revisar a instalación da antena de recepción, se fose necesario, a través dun instalador autorizado, apuntando a antena na dirección do centro emisor de Albeos, no Coto da Cruz.
3.- A continuación, bastará con iniciar o proceso de resintonización no menú de configuración ou instalación dos receptores de TDT.
Aldeas afectadas polo cambio de frecuencia en Crecente:
| Parroquia | Nome Entidade |
| ALBEOS (SAN XOÁN) | A BOAVISTA |
| ALBEOS (SAN XOÁN) | A CARRERA |
| ALBEOS (SAN XOÁN) | A PORTELA |
| ALBEOS (SAN XOÁN) | AS CHANS |
| ALBEOS (SAN XOÁN) | CAMÁN |
| ALBEOS (SAN XOÁN) | O RODO |
| CRECENTE (SAN PEDRO). | MONTECELO |
| CRECENTE (SAN PEDRO). | OS FERNÁNDEZ |
| CRECENTE (SAN PEDRO) | A SERRA |
| VILAR (SAN XORXE) | A CARREIRA |
| VILAR (SAN XORXE) | A NOGEURIA |
| VILAR (SAN XORXE) | A PEDRABRANCA |
| VILAR (SAN XORXE) | A PENAGRANDE |
| VILAR (SAN XORXE) | A PORTELA |
| VILAR (SAN XORXE) | A SERRA |
| VILAR (SAN XORXE) | AS CAVADAS |
| VILAR (SAN XORXE) | AS QUINTAS |
| VILAR (SAN XORXE) | GARABELOS |
| VILAR (SAN XORXE) | MANDELOS |
| VILAR (SAN XORXE) | O MOCHO |
| VILAR (SAN XORXE) | O OUTEIRO |
| VILAR (SAN XORXE) | O PAZO |
| VILAR (SAN XORXE) | PRADO |
Para máis información poden poñerse en contacto coa Oficina Técnica da TDT da Xunta de Galicia, no teléfono 981572154 ou no enderezo de internet www.tdtgalicia.es.