A Xunta lanza unha nova páxina web de Augas de Galicia, máis moderna e con contidos amplos, centrados na protección do ciclo da auga e na participación cidadá
Un dos aspectos importantes é que na administración do recurso impere o cumprimento das normas, para elo, a transparencia da institución é vital, co fin de facilitar o control social da mesma.
O estado dos encoros da demarcación hidrolóxica: Unha das seccións máis visitadas na páxina actual, xa que pode atoparse o boletín hidrolóxico semanal coa situación actual dos encoros de toda a Demarcación Galicia-Costa, así como un histórico de semanas anteriores e un listado e propiedades de cada un.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de lanzar unha nova páxina web, máis moderna e con contidos máis amplos. Coa nova ferramenta, chegarán ao público en xeral datos imprescindibles na xestión da auga, co fin de acadar a máxima protección do ciclo hidrolóxico. É dicir, agora mellorouse a organización e o acceso á información a nova dirección é: http://augas.cmati.xunta.es
Por elo, unha das claves para conseguir este propósito é a participación de toda a sociedade na xestión e planificación da auga, xa que só coa colaboración dos cidadáns se xeran os consensos sociais necesarios, para a aceptación das condicións baixo as cales podemos disfrutar da auga doce dispoñible.
Outro dos aspectos importantes é que na administración do recursos impere o cumprimento das normas, para elo, a transparencia das institucións é vital, co fin de facilitar o control social da mesma. Os dous elementos citados anteriormente son os máis importantes a ter en conta na xestión da auga e, por isto, Augas de Galicia lanza esta nova web.
Esta páxina ten dez claves nas que desenvolve os contidos desta plataforma, como son: a planificación hidrolóxica; o estado dos encoros da demarcación hidrolóxica; a Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) Galicia-Costa; os trámites coa administración hidráulica; e a participación pública. Ademais, poderá consultarse a lexislación sectorial actualizada; ver os contidos con total transparencia; observar as obras de saneamento e abastecemento que se están a levar a cabo; e o control e explotación das depuraras. Por último, tamén ver as redes de calidade das augas e de caudais. Concretamente:
1. Planificación hidrolóxica: Unha das competencias máis importantes de Augas de Galicia como organismo da Demarcación Galicia-Costa. Neste apartado o mais relevante é:
• Plan Hidrolóxico vixente 2009/2015 completo e os documentos que se van presentado no proceso de redacción do próximo plan.
• Plan específico de xestión de seca e o de inundacións.
2. Estado dos encoros da demarcación hidrolóxica: Unha das seccións máis visitadas na páxina actual, xa que pode consultarse o boletín hidrolóxico semanal coa situación actual dos encoros de toda a Demarcación Galicia-Costa, así como un histórico de semanas anteriores, e un listado e propiedades de cada un.
3. IDE Galicia-Costa: A IDE é un visor que permite o acceso a toda a información xeorreferenciada que Augas de Galicia pon para o coñecemento da poboación. Así, pode visionarse esta información directamente vía web ou descargar para procesala ou visionala.
4. Trámites coa administración hidráulica: Os trámites están mellor explicados e ordenados para facilitar a súa comprensión polas persoas que requiran realizalos..
5. Participación pública: Este apartado é fundamental para o correcto funcionamento de Augas de Galicia, xa que a participación publica é esencial na tramitación de calquera iniciativa. Nel pódese ter acceso aos diferentes procesos de participación que teña activados a Administración Hidráulica de Galicia, exposición pública de proxectos, participación activa na redacción do Plan hidrolóxico ou en documentos e normativa.
6. Lexislación sectorial actualizada: Para a nova páxina web realizouse un profundo traballo de actualización e concreción da lexislación sectorial entorno á auga. O apartado de lexislación amosa toda esta lexislación actualizada periodicamente.
7. Transparencia: O compromiso da Xunta de Galicia coa transparencia reflíctese tamén nos contidos desta plataforma, na que se pode acceder a os procedementos de contratación en tramitación ou xa pechados, os convenios asinados pola entidade, as lexislación en fase de información pública e memoria de actividades da entidade, entre outros.
8. Obras de saneamento e abastecemento: A nova páxina web tamén inclúe un listaxe actualizado das obras que se están executando, así como os convenios específicos co Estado.
9. Control e explotación de depuradoras: Augas de Galicia realiza un control exhaustivo do funcionamento e xestión das depuradoras de mais de 2.000 habitante equivalentes. Publícanse na web fichas coas características de cada unha de elas. Tamén aparece o listaxe das 25 depuradoras que explota directamente Augas de Galicia naqueles casos nos que o Concello solicita que a Xunta se encargue do servizo de depuración.
10. Redes de calidade das augas e de caudais: A páxina tamén aborda a temática do estado das masas de auga e explica as diferentes redes de control establecida na Demarcación. Por outra banda tamén destaca na web a completa sección da rede de aforos, con fichas de todas as estacións actuais.