A Xunta investirá máis de 67 millóns de euros na provincia da Coruña para que o 100% dos seus habitantes teñan acceso á internet de calidade no 2013

Mércores 28 de Abril de 2010

A Xunta investirá máis de 67 millóns de euros na provincia da Coruña para que o 100% dos seus habitantes teñan acceso á internet de calidade no 2013

En tres anos o 95,6% da poboación desta zona terá acceso á banda larga a través de redes fixas, sen fíos e NGA´s e o 4,7% restante mediante satélite

Actualmente, poden dispoñen dunha Rede de calidade o 75,63% dos habitantes da provincia

A iniciativa do Goberno galego permitirá que xa no primeiro trimestre do 2011 a poboación con cobertura sexa do 88% do total

As entidades municipais poden consultar na Oficina eConcellos da Xunta calquera cuestión relativa ao plan e asesorarse sobre novas tecnoloxías

O 95,63% dos habitantes da provincia da Coruña terán acceso a un servizo de Internet de calidade no 2013 grazas ao Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia, un avance importante respecto ao 75,63% da poboación que ten cobertura actualmente. Así o destacou a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, durante a presentación das liñas do Plan aos alcaldes da provincia coruñesa, onde fixo fincapé na importancia de manter a colaboración entre todos os axentes implicados nesta iniciativa de marcado carácter transversal. A responsable do departamento autonómico indicou que estamos nun momento de “sumar esforzos” o que, neste caso concreto, inclúe todas as consellerías da Xunta, concellos, deputacións e operadores de telecomunicacións.

A responsable de Innovación Tecnolóxica indicou que o Plan investirá 67,8 millóns de euros na provincia da Coruña para que o 100% da poboación teñan acceso á banda larga no 2013, un 95,6% a través de redes fixas, sen fíos e de nova xeración e un 4,37% mediante satélite. A día de hoxe hai un 24,5% dos habitantes da provincia que non dispoñen de conexión á Internet de calidade. O desenvolvemento do Plan permitirá que no primeiro trimestre do 2011 a porcentaxe de poboación con cobertura de banda ancha sexa xa do 88%. (Xúntase cadro coas porcentaxes de cobertura por comarcas na provincia no 2013).

O Plan contempla o despregamento de redes fixas que permitirán garantir a dispoñibilidade e o acceso a banda larga nos núcleos con maior demanda desatendida nas zonas carentes deste servizo a través de redes de alta capacidade. Na provincia da Coruña o 80% da poboación contará con acceso a redes cableadas de banda larga. Tamén se prevé a extensión de redes sen fíos a todos os núcleos de máis de 100 habitantes e todos os de menor tamaño con alta demanda de servizo que non se cubran con outras actuacións. Desta medida beneficiarase o 7% dos habitantes da provincia. Ademais, incentivarase o desenvolvemento de Redes de Nova Xeración (NGA´s), con velocidades de 100 Mbps que chegarán ao 40% da poboación desta provincia. A cobertura completarase a toda poboación a través do satélite. O denominador común de todas estas actuacións é a prestación dun servizo de banda larga de calidade, con velocidades de acceso superiores a 2Mbps, chegando a 100Mbps no caso de redes de nova xeración.

Proxectos Municipais

Actualmente, moitos concellos galegos están levando a cabo proxectos de implantación de redes municipais de banda larga para tratar de solventar as necesidades de conexión a Internet dos seus veciños. Neste sentido, a secretaria xeral advertiu que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) vén de aprobar o anteproxecto de circular no que se establecen as condicións que deberán cumprir as Administracións públicas cando estas exploten redes ou presten servizos de comunicacións electrónicas. O establecido no anteproxecto de circular, tras a súa aprobación final, pasará a ser de obrigado cumprimento para calquera Administración Pública que explote redes ou preste servizos de comunicacións electrónicas.

Para acceder a máis información sobre esta cuestión Mar Pereira lembroulles aos responsables municipais teñen á súa disposición a Oficina eConcellos, á que tamén poden acudir para calquera aclaración ou consulta sobre as previsións locais do Plan de Banda Larga. Ademais, este servizo está a poñer en marcha unha iniciativa para analizar os proxectos municipais de despregamento de BL co obxectivo de maximizar os resultados dos proxectos locais, e potenciar a coordinación evitando duplicar esforzos e investimentos.

Poboación por comarcas con cobertura de banda ancha no 2013

 

Comarca
Población inicial en zona blanca
Población cubierta inicio PDBL
% cubierto inicio PDBL
Población cubierta en 2013 (sin contabilizar satélite)
% población cubierta 2013 (sin contabilizar satélite)
Población cubierta con Satélite 2013
% población cubierta con Satélite 2013
Arzua
12.172
5.708
32%
15.149
85%
2.731
15%
Barbanza
15.117
52.556
78%
66.592
98%
1.080
2%

A Barcala

5.326
5.775
52%
9.694
87%
1.407
13%
Bergantiños
20.203
50.085
71%
64.446
92%
5.842
8%
Betanzos
19.302
20.158
51%
35.281
89%
4.179
11%

A Coruña

58.449
330.840
85%
384.355
99%
4.934
1%
Eume
9.947
17.078
63%
25.068
93%
1.956
7%
Ferrol
29.830
133.328
82%
157.437
96%
5.721
4%
Fisterra
6.817
17.054
71%
21.367
90%
2.504
10%
Muros
3.705
11.076
75%
14.119
96%
662
4%
Noia
12.020
23.949
67%
34.699
96%
1.270
4%
Ordes
18.012
20.597
53%
31.898
83%
6.710
17%
Ortegal
7.786
7.154
48%
12.950
87%
1.990
13%
Santiago
31.999
126.876
80%
156.016
98%
2.859
2%

O Sar

5.812
11.240
66%
16.480
97%
572
3%

Terra de Melide

6.066
7.494
55%
10.029
74%
3.531
26%

Terra de Soneira

9.392
10.574
53%
18.984
95%
982
5%
Xallas
7.259
8.368
54%
14.489
93%
1.138
7%
Total
279.212
859.910
75%
1.089.053
96%
50.068
4,40%

 

Reverter a situación actual

O despregamento das infraestruturas de telecomunicación permitirá cambiar a situación actual da Comunidade na que -segundo recordou a secretaria xeral- un total 786.000 galegos (o 30% da poboación total), preto de 35.000 empresas (16%) e 589 entidades de poboación con algunha entidade administrativa non teñen posibilidade de acceso á banda larga.

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, indicou en que o obxectivo do Plan é reverter a desigualdade social que vive a Comunidade en materia de acceso aos servizos de telecomunicacións, e contribuír ao aproveitamento das TIC como motor para a dinamización e a competitividade empresarial, así como a modernización dos servizos públicos. Será, segundo Mar Pereira, un despregamento de infraestruturas baseado na eficiencia e na cooperación de todos os axentes implicados, o que permitirá que a dotación orzamentaria de 102 millóns de euros da Xunta de Galicia poida superar os 230 millóns mobilizando capital privado e doutras administracións.