A Xunta e as principais asociacións TIC de Galicia presentan o vindeiro luns a "Guía de boas prácticas de RSE do sector TIC galego"

Sábado 13 de Decembro de 2014

A Xunta e as principais asociacións TIC de Galicia presentan o vindeiro luns a "Guía de boas prácticas de RSE do sector TIC galego"

A Xornada ten como obxectivo difundir, fomentar e promover a responsabilidade social empresarial das organizacións do sector tecnolóxico.

No encontro presentarase a tamén o informe comparativo sobre a RSE no sector TIC de Galicia, Navarra, Tenerife, Val do Minho e Estremadura.

Esta actuación enmárcase dentro do protocolo de colaboración asinado en novembro de 2013 pola Consellería de Traballo e Benestar, a Amtega e os presidentes de AGASOL, AGESTIC EGANET e do Clúster TIC.

A Consellería de Traballo e Benestar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organizan o vindeiro día 15 de decembro, a Xornada “A RSE e as TIC”, co obxectivo de difundir, fomentar e promover a responsabilidade social empresarial dentro das organizacións do sector.

Na encontro, que se celebrará no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, presentáranse a Guía de Boas Prácticas de RSE do sector TIC galego e o informe comparativo sobre o estudo de responsabilidade social empresarial nas empresas do sector TIC das rexións sociais da Rede Transrexional de Impulso da RSE. Ademais, exporanse experiencias destacadas en materia de RSE no sector TIC de empresas galegas e de fóra da Comunidade.

A Rede Transrexional de Impulso da RSE, é unha iniciativa promovida pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, xunto ao Goberno de Navarra, o Cabildo Insular de Tenerife, a Uniminho/Asociação do Val do Minho Transfronteiriço e o Goberno de Estremadura, e está cofinanciada polo Fondo Social Europeo FSE.

Programa
A inauguración desta xornada correrá a cargo de Carmen Bouso, directora xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, e Mar Pereira, directora da Amtega, e contará coa presenza dos presidentes do Cluster TIC, AGASOL, AGESTIC e EGANET.

Así mesmo, o programa do acto contempla un relatorio sobre “O plan estratéxico de RSE nunha peme do sector TIC” da man de Paloma Lamonche, socia-directora de Acción49. Paloma Lemonche é enxeñeira de telecomunicacións e ten máis de 20 anos de experiencia no sector das telecomunicacións, con diferentes responsabilidades na universidade, a industria e a operación de servizos; e máis de 5 anos de experiencia como investigadora, profesora e consultora en Sostibilidade e RSE. Entre os anos 2010 e 2012 foi colaboradora da Cátedra Telefónica-UNED de Responsabilidade Corporativa e Sostibilidade.
Haberá unha unha mesa coloquio sobre diferentes experiencias empresariais destacadas de responsabilidade social empresarial dentro do sector TIC, pertencentes a organizacións das rexións socias como Egatel, Imatia, A Navalla Suiza, Emetel e SATEC de Galicia, Integra de Tenerife e Javyser de Navarra.
A xornada vai dirixida a profesionais do sector TIC e público en xeral e o programa pódese consultar na seguinte ligazón. Programa

Protocolo de colaboración para a posta en marcha do PROXECTO RSE-TIC en Galicia
A celebración desta xornada enmárcase nas no protocolo asinado o pasado ano pola Conselleira de Traballo e Benestar, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as asociacións TIC Agasol, Agestic, Eganet, do Clúster TIC, para Impulsar a Responsabilidade Social Empresarial no Sector TIC galego e fomentar a difusión dos produtos e solucións de tecnoloxía social son os dous obxectivos globais do protocolo asinado en novembro de 2013

Esta colaboración inscríbese no conxunto de actuacións que a Xunta está a desenvolver no eido da Responsabilidade Social Empresarial (RSE), e para potenciar as actuacións que está a realizar o sector TIC neste eido, especialmente no ámbito da tecnoloxía social.