A Xunta de Galicia e a Fundación ONCE estudan posibles vías de colaboración en materia de accesibilidade
Alfonso Rueda reunise co delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e co director de accesibilidade da Fundación, Jesús Hernández Galán.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reunise esta semana con representantes da Fundación ONCE en Galicia para estudar posibles vías de colaboración entre o Goberno galego e a asociación en materia de accesibilidade.
No encontro participaron o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e o director de accesibilidade da organización, Jesús Hernández Galán, que lle trasladaron o seu interese en cooperar en asuntos relacionados co turismo e novas tecnoloxías.
Precisamente por ese motivo á reunión sumáronse as directoras das axencias de Turismo e Modernización Tecnolóxica, Nava Castro e Mar Pereira, que acordaron estudar desde os seus respectivos departamentos medidas que favorezan ao turismo accesible e o uso das TIC.
A Fundación ONCE foi un dos organismos intermediarios do Programa Operativo para a Loita contra a Discriminación, Programa Por Talento, nos períodos 2000-2006 e 2007-2013. Este programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, constitúe un novo impulso en favor da inserción sociolaboral do sector da discapacidade e da igualdade de oportunidades.