A Secretaria Xeral de Modernización recibe a un dos máximos responsables do departamento de Innovación do Goberno de Panamá

Venres 02 de Marzo de 2012

A Secretaria Xeral de Modernización recibe a un dos máximos responsables do departamento de Innovación do Goberno de Panamá

Antonio Mola participará esta tarde no XI Seminario TIC para Grandes Empresas e Organismos, organizado por Ednon

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira,  reuniuse esta mañá con Antonio Mola, xefe de Gabinete do Despacho Superior da Autoridade Nacional para a Innovación Gubernamental de Panamá.

Esta entidade é responsable da modernización do Estado panameño, mediante o uso das Tecnoloxías de Información e Comunicacións.

Proxectos
Durante a xuntanza, Antonio Mola, trasladoulle á secretaria xeral os proxectos máis destacados que está a desenvolver o seu departamento, en boa parte, na mesma liña dos que está a realizar a Administración autonómica como a extensión do servizo de Internet a toda a poboación, o impulso da Administración electrónica e as melloras na atención sanitaria.

Antonio Mola participará esta tarde no XI Seminario TIC para Grandes Empresas e Organismos, organizado por Ednon. As xornadas, que serán inauguradas pola secretaria xeral de Modernización, reúnen en Santiago aos representantes das principais multinacionais do sector tecnolóxico  como  Microsoft, Intel, Cisco, CommScope ou EMC xunto con representantes de 6 autonomías, diputaciones e outras entidades públicas, además do Goberno de Panamá.