A Secretaría Xeral de Modernización implanta en 90 centros educativos a tecnoloxía de acceso a internet máis punteira con velocidades de 100 mbps
As novas redes permiten un acceso ata dez veces máis rápido aos diferentes recursos na Rede e o acceso simultáneo de máis usuarios
Esta actuación intégrase no Plan de Banda Laga que está a despregar infraestruturas de telecomunicación para que tanto os centros administrativos como os cidadáns poidan acceder a un servizo de Internet de calidade
A Secretaría Xeral de Modernización vén de completar a implantación de redes de 100 Mbps de velocidade nun total de 90 centros educativos das catro provincias galegas. A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilitará, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.
Con esta actuación búscase de dotar tanto ás cidades como ao rural da mellor conectividade posible, e de colocar á comunidade educativa na vangarda do progreso, con proxectos como o ABALAR para integrar as TIC no sistema educativo. A mellora da conectividade dos centros educativos é posible grazas á posta en marcha pola Xunta do Plan de Banda Larga de Galicia, que contempla entre as súas actuacións a extensión destas redes de nova xeración (NGAs) coas velocidades máis punteiras.
A implantación de redes de 100 Mbps permite multiplicar por 10 a velocidade de baixada e quintuplicar a velocidade de subida. Deste xeito o alumnado poderá ter un acceso máis efectivo á rede, sen esperas ou contratempos; poderán conectarse simultaneamente un maior número de usuarios e permitirá o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.
Plan de Banda Larga
Para o desenvolvemento de proxectos como ABALAR e para a integración das TIC en todos o ámbitos administrativos é fundamental contar infraestruturas de telecomunicación adecuadas. Por iso, a Xunta puxo en marcha o pasado ano o Plan de Banda Larga 2010-2013 que posibilitará que tanto os centros administrativos como os cidadáns teñan acceso a un servizo de Internet de calidade que lles permita integrarse de xeito efectivo na sociedade da información.
Unha das actuacións do Plan é a extensión de redes de nova xeración con velocidades de 100 Mbps. O obxectivo final desta actuación é darlle cobertura a máis de 1 millón de habitantes con estas redes punteiras, que permiten fornecer servizos innovadores, mellorar a calidade ofrecida ao cliente e adaptarse máis rapidamente ás novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.
Xúntase listado de Centros
|
CENTRO
|
POBOACIÓN
|
|
CEIP SAL LENCE
|
A CORUÑA
|
|
CEIP CURROS ENRÍQUEZ |
A CORUÑA
|
|
CEIP DE PRÁCT. DA E.U. FORM. PROFES. EXB |
OURENSE
|
|
CEIP LAGOAS 3
|
OURENSE
|
|
CEIP A PONTE
|
OURENSE
|
|
EIP RAÍÑA FABIOLA |
SANTIAGO DE COMPOSTELA |
|
CEIP A DOBLADA
|
VIGO
|
|
IES ELVIÑA
|
A CORUÑA
|
|
IES MARIA CASARES |
OLEIROS
|
|
IES PORTOVELLO (EDIFICIO SECUNDARIO) |
OURENSE
|
|
IES PONTEPEDRIÑA |
SANTIAGO DE COMPOSTELA |
|
IES RAMON OTERO PEDRAYO |
A CORUÑA
|
|
IES MARQUÉS DE SUANZES |
FERROL
|
|
CEIP LUÍS SEOANE |
OLEIROS
|
|
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE |
A CORUÑA
|
|
CEE NOSA SEÑORA DO ROSARIO |
A CORUÑA
|
|
EEI DE BARRIONOVO |
ARTEIXO
|
|
CEIP JOSÉ CORNIDE DE SAAVEDRA |
A CORUÑA
|
|
EEI DE ZALAETA
|
A CORUÑA
|
|
CEIP RÍA DO BURGO |
CULLEREDO
|
|
CEIP ROSALÍA DE CASTRO |
A CORUÑA
|
|
CEIP MARÍA PITA
|
A CORUÑA
|
|
CEIP RAMÓN DE LA SAGRA |
A CORUÑA
|
|
CEIP MARÍA BARBEITO E CERVINO |
A CORUÑA
|
|
CEIP ALBORADA
|
A CORUÑA
|
|
CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE |
A CORUÑA
|
|
CEIP EMILIA PARDO BAZÁN |
A CORUÑA
|
|
CEIP SALGADO TORRES |
A CORUÑA
|
|
CEIP SAN FRANCISCO JAVIER |
A CORUÑA
|
|
CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE |
A CORUÑA
|
|
CEIP DO GRAXAL II |
CAMBRE
|
|
CEIP CONCEPCIÓN ARENAL |
A CORUÑA
|
|
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ |
CAMBRE
|
|
CEIP EUSEBIO DA GUARDA |
A CORUÑA
|
|
CEIP MONTEL TOUZET |
A CORUÑA
|
|
CEIP VIRXE DO MAR |
NARON
|
|
CEIP MANUEL MASDÍAS |
FERROL
|
|
CEIP DE PONZOS
|
FERROL
|
|
CEIP DAS MERCEDES |
LUGO
|
|
CEIP CURROS ENRÍQUEZ |
OURENSE
|
|
EEI NOSA SEÑORA DO CARME |
MARIN
|
|
CEIP ÁLVAREZ LIMESES |
PONTEVEDRA
|
|
CEIP FROEBEL
|
PONTEVEDRA
|
|
CEP MARCOS DA PORTELA |
PONTEVEDRA
|
|
CEIP PRAZA DE BARCELOS |
PONTEVEDRA
|
|
CEIP RAMÓN CABANILLAS |
SANTIAGO DE COMPOSTELA |
|
CEIP OS TILOS
|
TEO
|
|
EEI RÚA ARAGÓN
|
VIGO
|
|
EEI RÚA HERNÁN CORTÉS |
VIGO
|
|
EEI EL NOGAL
|
VIGO
|
|
EEI RÚA PALENCIA |
VIGO
|
|
CEIP VIRXE DO ROCÍO |
VIGO
|
|
CEIP LOPE DE VEGA |
VIGO
|
|
CEIP VICENTE RISCO |
VIGO
|
|
CEIP RAMÓN Y CAJAL |
VIGO
|
|
CEP SANTA TEGRA-TEIS |
VIGO
|
|
CEIP O POMBAL
|
VIGO
|
|
CEIP ALTAMAR
|
VIGO
|
|
CEIP PINTOR LAXEIRO |
VIGO
|
|
CIFP SOMESO
|
A CORUÑA
|
|
IES IMAXE E SON
|
A CORUÑA
|
|
IES DE PASTORIZA - ANTES Nº 3 DE ARTEIXO |
ARTEIXO
|
|
IES ALMIRANTE SALVADOR MORENO |
MARIN
|
|
EEI DE MILLADOIRO |
AMES
|
|
IES SAN TOME DO FREIXEIRO
|
VIGO
|
|
IES EUSEBIO DA GUARDA |
A CORUÑA
|
|
IES FERNANDO WIRTZ SUÁREZ |
A CORUÑA
|
|
IES ÁNXEL CASAL-MONTE ALTO |
A CORUÑA
|
|
IES RAFAEL DIESTE |
A CORUÑA
|
|
IES A SARDIÑEIRA Nº 1 |
A CORUÑA
|
|
IES MONELOS
|
A CORUÑA
|
|
IES MIRAFLORES (ANTES Nº 1 DE OLEIROS) |
OLEIROS
|
|
IES ADORMIDERAS
|
A CORUÑA
|
|
EOI DE FERROL
|
FERROL
|
|
IES RODOLFO UCHA PIÑEIRO (CARANZA) |
FERROL
|
|
IES CANIDO
|
FERROL
|
|
IES ANXEL FOLE
|
LUGO
|
|
EOI DE LUGO
|
LUGO
|
|
EOI DE OURENSE
|
OURENSE
|
|
IES AS LAGOAS
|
OURENSE
|
|
IES PORTOVELLO
|
OURENSE
|
|
IES SANCHEZ CANTON |
PONTEVEDRA
|
|
IES VALLE-INCLAN |
PONTEVEDRA
|
|
IES LUÍS SEOANE
|
PONTEVEDRA
|
|
IES DO CASTRO
|
VIGO
|
|
IES CASTELAO
|
VIGO
|
|
IES SANTA IRENE
|
VIGO
|
|
IES REPÚBLICA ORIENTAL DEL URUGUAI |
VIGO
|
|
IES OS ROSAIS II |
VIGO
|
|
EOI DE VIGO
|
VIGO
|