A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica participou no programa Faladoiro de correo tv para analizar a implantación da sociedade da información en Galicia

Luns 22 de Novembro de 2010

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica participou no programa Faladoiro de correo tv para analizar a implantación da sociedade da información en Galicia

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, participou hoxe no programa de debates Faladoiro de Correo TV no que se abordou desde diferentes perspectivas o nivel de integración das tecnoloxías da Información e da comunicación en Galicia.

No debate tamén interviñeron o presidente do Cluster TIC, Rafael Valcarce, o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez Lorenzo e o xerente de Desenvolvemento de Negocio de R, Antonio del Corral. Deste xeito representantes do sector TIC, dos profesionais e da Administración autonómica analizaron a situación actual de integración das TIC na Comunidade achegando a súa visión sobre a implantación da banda larga na Comunidade, os avances na administración electrónica os obxectivos da Axenda Dixital, a situación e os retos do sector TIC galego e o software libre.

Pode consultar o vídeo do programa na seguinte ligazón:
http://www.youtube.com/watch?v=G6E136urtA0