A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica facilitará aos operadores e axentes implicados os detalles técnicos das actuacións de despregamento de infraestruturas definidas no Plan Banda Larga de Galicia 2010 - 2013

Venres 12 de Marzo de 2010

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica facilitará aos operadores e axentes implicados os detalles técnicos das actuacións de despregamento de infraestruturas definidas no Plan Banda Larga de Galicia 2010 - 2013

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica dende hoxe pon a disposición dos operadores e axentes implicados no Plan Banda Larga de Galicia, o alcance e requisitos técnicos para cada unha das actuacións de despregamento de infraestruturas de telecomunicación, derivadas do Plan Banda Larga de Galicia 2010 - 2013, de cara ao comezo da súa execución.

A Oficina Técnica do Plan Banda Larga, posta en marcha recentemente pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica será a encargada de facilitar dita información. Para iso, os axentes interesados deberán solicitar os detalles técnicos das actuacións de despregamento de infraestruturas, definidas no Plan Banda Larga de Galicia, a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es.