A rede de aulas para a modernización e a inclusión tecnolóxica da Xunta impartiron máis de 3.300 horas de formación
O programa formativo comprende tres áreas: a alfabetización dixital, a formación multimedia e audiovisual e a formación avanzada para microempresas e autónomos, profesionais das TIC e empregados públicos
A Rede CeMIT conta con preto de 3.600 usuarios rexistrados
Galicia dispón de 94 aulas de acceso ás novas tecnoloxías distribuídas en 84 concellos galegos
Desde a súa posta en marcha, en abril, as aulas da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) impartiron máis de 3.300 horas de formación, das cales 2.512 pertencen á área de alfabetización dixital e 840 corresponde a cursos sobre multimedia e audiovisual. A Rede conta actualmente con preto de 3.600 usuarios.
Estas actividades intégranse no Plan de Formación 2011, que se está a impartir nas 94 aulas que compoñen a Rede CeMIT. Un programa dividido en tres áreas: a alfabetización dixital, a formación multimedia e audiovisual e a formación avanzada para os profesionais galegos das TIC, microempresas e autónomos e traballadores da Administración pública.
Formación específica
Os profesionais TIC e os empregado públicos dispoñen de formación específica nos dous centros de alta especialización como son o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) e Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Así, entre setembro de 2010 e ata o pasado mes de xuño o CNTG impartiu máis de 2.700 horas de formación e no primeiro semestre do ano a EGAP dedicou 255 horas de formación do no eido das novas tecnoloxías para os empregados públicos.
Servizo de aula aberta
Ademais da formación presencial e online a Rede CeMIT conta cun servizo de Aula Aberta que ofrece a posibilidade á cidadanía en xeral de acceder de maneira libre e gratuíta ás instalacións CeMIT e utilizar o equipamento que nelas se atopa despregado. Nos catro últimos meses este servizo estivo dispoñible máis de 50.000 horas, permitindo aos usuarios facer uso libre dos equipos para as súas necesidades particulares: procura de emprego, realizar retoques nas súas fotografías, formación online, consulta de correo electrónico, navegación por Internet, etc.
Como apoio adicional, o Axente TIC asesora e axuda aos usuarios nas súas dúbidas e problemas tecnolóxicos cando estes necesíteno. O obxectivo deste servizo é converter as aulas en verdadeiros espazos abertos nos que calquera cidadán pode, sen custo algún, achegarse ás novas tecnoloxías e facer uso delas de modo persoal e independente.
Fomento da formación dixital
A Rede CeMIT ten como obxectivo Promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
Na actualidade son 89 concellos adheridos que ofrecen 94 aulas de acceso público ás novas tecnoloxías para cumprir os obxectivos da Rede CeMIT, dos cales 53 asinaron o protocolo de adhesión que lles posibilita a contratación dun axente TIC que impulsará as actividades no centro definidas no Plan de Formación. O contido do Plan de Formación e a carta de servizos están dispoñibles non enlacehttp://cemit.xunta.es.