A rede de aulas CeMIT, candidata aos premios de internet 2013 organizados pola plataforma ‘diadeinternet.org’
Máis de 20 centros da Rede acollen cursos con motivo do Día de Internet, que se celebra o vindeiro 17 de maio
A Rede CeMIT, presente en 94 concellos galegos e con máis de 21.000 usuarios rexistrados, ofrece formación dixital gratuíta a cidadáns e empresas
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vén de presentar a candidatura da Rede de Aulas para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) aos Premios de Internet 2013, organizados pola plataformawww.diadeinternet.org e que teñen por obxectivo recoñecer aquelas Iniciativas, persoas ou organizacións que máis se destacaron, no último ano, no bo uso de Internet e as TIC na súa respectiva categoría.
A Rede CeMIT que participa na categoría de Educación destes galardóns, púxose en marcha en 2011 e conta con 98 aulas presentes en 94 concellos galegos. Con máis de 21.000 usuarios rexistrados a Rede impartiu en 2012 máis de 38.000 de formación gratuíta a cidadáns e empresas.
Iniciativas da plataforma www.diadeinternet.org
Dende o ano 2005, o 17 de Maio ten lugar o Dia Mundial de Internet, acrónimo acuñado para facer referencia ao "Día mundial da Sociedade da Información e das Telecomunicacións". Esta efeméride busca difundir e promover o bo uso de Internet e das novas tecnoloxías na sociedade con especial atención aos colectivos que menos utilizan a rede, aos que son máis vulnerables e aos que teñen maiores dificultades para acceder a ela.
Con motivo deste celebración, a plataforma www.diadeinternet.org realiza distintas iniciativas, contando para elas coa participación de distintos organismos e institucións e a propia cidadanía.
Dende a Rede CeMIT, como vehículo impulsor da alfabetización dixital colaborase estreitamente con esta plataforma difundindo dúas das súas iniciativas: o Certame online "Cóntanos como ves Internet", dirixido aos alumnos de primaria dos colexios e o Concurso de Fotografía Móbil “A tencoloxía na miña vida cotiá”.
No certame online “Cóntanos como ves Internet” os nenos e nenas menores de 14 anos poderán participar mediante dibuxos, contos e poesías para expoñer a súa visión sobre a Rede e as novas tecnoloxías. Haberá premios tanto para os nenos, como profesores o colexios que participen neste concurso a nivel nacional.
O concurso de Fotografía Móvil “A tecnoloxía na miña vida cotiá” está dirixido a calquera usuario das redes sociais maior de 14 anos que queira demostrar a súa creatividade mediante a presentación dunha fotografía realizada co móbil que reflicta como se utilizan as TIC no día a día.
Cursos para celebrar o día de Internet en 22 aulas
Paralelamente a todas estas actividades, a Rede CeMIT organiza a impartición en 22 das súas aulas de dous cursos relacionados con Internet, que terán lugar antes do 17 de maio. Entre os días días 9 e 10 de maio celebrarse icurso “Opera co teu banco a través da internet” e os días 14, 15 e 16 deste mes terá lugar o curso “Organización de viaxes”. A aulas que participan son as seguintes:
Na provincia de A Coruña: Ames, As Pontes, A Coruña (Eiris), Ares, Cerceda, Fisterra, Ortigueira.
Na provincia de Lugo: Barreiros, Burela, Carballedo, Ribadeo, Sarria.
Na provincia de Ourense: Carballiño, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Celanova, Xunqueira de Ambía.
Na provincia de Pontevedra: A Estrada, Ponteareas, Pontevedra, Tomiño, Valga.
Na web CeMIT pódese consultar os horarios nos que terán lugar estes cursos.