A Amtega abre o ciclo de faladoiros dixitais o 28 de outubro na Coruña cun encontro sobre innovación social

Sábado 25 de Outubro de 2014

A Amtega abre o ciclo de faladoiros dixitais o 28 de outubro na Coruña cun encontro sobre innovación social

Celebrarase no espazo de coworking WeKCo, con participación aberta e gratuíta ata completar o aforamento.

Desenvolverase con metodoloxía ‘PechaKucha’, un modelo de exposición áxil e dinámico que facilita a posta en común.

Seis relatores poñerán en común a súa experiencia na execución de proxectos de innovación social.

Poderá ser seguida vía streaming na web das rede de aulas CeMIt http://cemit.xunta.es/, ademais de en Twitter co hashtag #faladoirosDIX e en Facebook, www.facebook.com/faitedixital.

No marco do proxecto ‘Faite Dixital’, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec, o vindeiro mércores 28 de outubro, terá lugar a primeira dos Faladoiros Dixitais baixo o título ‘Facendo a Innovación Social’

O obxectivo deste faladoiro é trasladar aos participantes unha visión específica da innovación social desde múltiples vertentes creativas, achegando coñecemento e experiencias. Este faladoiro desenvolverase a partir das 18:30 horas no espazo de coworking WeKCo, na Coruña, www.wekco.net.

Metodoloxía ‘PechaKucha’
‘Facendo a Innovación Social’ reúne a 6 expertos que compartirán cos asistentes coñecemento e experiencias a través da metodoloxía ‘PechaKucha’, unha fórmula de presentacións rápidas e dinámicas (20 diapositivas, 20 segundos por diapositiva), que facilitan o seguimento e a comprensión por parte dos asistentes e a súa interacción cos participantes.

Inscrición
Esta xornada, como todas as que forman parte dos ‘Faladoiros Dixitais”, poderá ser seguida a través de streaming, ademais de por as canles das redes sociais de ‘Faite Dixit@l!’ (Twitter -@faitedixital- e Facebook –www.facebook.com/faitedixital). A inscrición, gratuíta e libre ata que se complete o aforamento do espazo de celebración, pode realizarse nesta ligazón: http://www.faitedixital.es/galego/participa/formulario-pecha-kucha/

Sobre os ponentes
Juan Diego Pereiro, socio-fundador de WeKCo, compartirá a súa visión da innovación social a través dos espazos de coworking.

Carmela Sánchez, introducirá aos asistentes na construción de coñecemento participativa e colaborativa a través da súa experiencia no proxecto patrimoniogalego.net.

Carmen Súarez, axente TIC do concello de San Sadurniño, mostrará o proxecto ‘Fálame de San Sadurniño”, un proxecto colaborativo en rede convertido nun espazo web único vertebrado a través de múltiples soportes (vídeos, fotografías, documentos históricos,…) achegados polos veciños que permite a supervivencia no tempo da historia de San Sadurniño

Daniel Cerqueiro, xerente da empresa Abertal, compartirá o coñecemento adquirido no proxecto Phottic, que pon en marcha proxectos locais para a recuperación do Patrimonio Fotográfico onde a poboación ofrece as súas imaxes e o seu coñecemento para que sexa envorcado a Internet. Daniel Cerqueiro, falaranos tamén da iniciativa “LaconNetwork”, en encontro de emprendedores TIC que busca a xeración de redes de contacto e intercambio de ideas e experiencias ao redor dunha comida, e que ten xa 4 anos de vida.

Óscar Branco, como técnico do proxecto PARNET-TIC 2, expoñerá a súa experiencia no uso das novas tecnoloxías orientado á procura e creación de emprego o ámbito ambiental, os chamados ecoempleos.

Eva Ríos da empresa RYSG, participante no proxecto Apoio Xerontolóxico A Domicilio (AGAD) a través das Novas Tecnoloxías (TIC): Domótica e Telemedicina (AGAD-TIC), dará a súa visión sobre a Innovación Social no ámbito da saúde e o benestar social.

Faladoiros Dixitais
O ciclo de Faladoiros Dixitais de ‘Faite Dixit@l!’ comprende cinco eventos, un sobre innovación social dixital desenvolvido baixo metodoloxía ‘PechaKucha, ’; dous seminarios de expertos sobre Impresión 3D e internet das cousas e dúas xornadas de exposición de casos de éxito de aplicacións móbiles e identidade dixital.

Faite Dixit@l
‘Faite Dixit@l’ é un proxecto posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) o pasado mes de setembro, desenvolvido a través dos centros da Rede CeMIT, e dirixido a propiciar o empoderamiento dos usuarios en materia tecnolóxica para favorecer a súa empleabilidad coa tecnoloxía e a sociedade da información como base.

'Faite Dixit@l! ofrece máis de 1.800 prazas para a participación nas 140 actividades programadas. Na actualidade atópase en período de inscrición o ‘Primeiro Concurso ‘Faite Dixit@l’ de aplicacións móbiles, que busca recoñecer a creatividade na creación de ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía e fomenten o uso da tecnoloxía de código aberto neste proceso creativo.